Mostrámosche todos os tipos de avisos e carteis de Nedgia que podes atopar no teu fogar.

Carta de inspección periódica

Carta que se envía aos consumidores informándoos dunha próxima inspección periódica.

Carta de inspección periódica- 2º aviso

Carta que se envía aos consumidores informándoos da franxa horaria na que se realizará a visita.

Cartel de aviso de inspección periódica

Cartel que facilita Nedgia e que mostra o día e franxa horaria no que se vai realizar a inspección periódica. Esta tarxeta diríxese a todas as persoas que reciban con anterioridade a carta de inspección periódica, tendo en conta que non sempre se realiza en todas as vivendas dun edificio no mesmo ano.

Tarxeta de ausencia na inspección periódica

Tarxeta de ausencia na inspección periódica

Folla que cubre o persoal cualificado de Nedgia en caso de que o consumidor non se atope na vivenda.

Xustificante corrección de anomalías

Xustificante corrección de anomalías

Documento que cubre o instalador, o técnico da empresa autorizada ou o técnico de Asistencia Técnica, para informar que se corrixiron as anomalías detectadas durante a inspección, e que debe enviarse a Nedgia.

Guía práctica de corrección de anomalías

Guía práctica de Inspección Periódica

Resúmese de forma sinxela, nesta guía práctica, todas as comprobacións que serán realizadas durante o proceso de inspección periódica da súa instalación de gas.

aviso

Aviso

Cartel que amosa o día e a franxa horaria no que se vai realizar a lectura do contador, en caso de que o consumidor non estea dispoñible, facilítaselle un espazo para que indique a lectura.

Carta de aviso de lectura

Carta de aviso de lectura

Carta informativa onde se indica en que data se procederá á lectura do contador, e onde se explica que facer ou como informar a lectura en caso de estar ausente na data programada

Tarxeta ausencia

 Tarxeta de ausencia

Deposítase na vivenda do consumidor en caso de que non se puidese realizar a lectura do contador por ausencia ou outros motivos. Contén as instrucións de como indicar a lectura en ausencia do persoal cualificado.