O elevado custo que actualmente representa a enerxía e a necesidade da conservación ambiental e do ámbito ecolóxico, fan que sexa de grande importancia analizar os criterios de deseño e de operación de todas aquelas actividades, que requiran consumos de enerxía significativos para o seu funcionamento.

Consellos

A industria, debido á complexidade específica de cada subsector, necesita o asesoramento personalizado dun especialista.

xeración térmica

Calor residual

O aproveitamento de calores residuais, inserindo algún sistema de recuperación, permite obter un aforro enerxético utilizando a enerxía térmica que conteñen, por exemplo, para xerar auga quente para distintos usos.

Desta forma pódense diminuír as necesidades de combustible.

coxeración

Coxeración

A existencia dunha demanda de calor útil permite aplicar esta tecnoloxía como instrumento de optimización do consumo enerxético. Estude para o seu caso particular a coxeración como posible solución enerxética.

Traballador illando

Illamento

Dende o punto de vista enerxético, os illamentos permiten reducir as perdas de calor que se producen a través das conducións e depósitos. Iso redundará positivamente no consumo enerxético.

auditorías_enerxéticas

Auditoría enerxéticas

A realización de auditorías enerxéticas pode constituír unha ferramenta para mellorar a eficiencia, xa que axudaría a detectar os posibles perfeccionamentos adaptados a cada proceso concreto e contribuír deste modo á eficiencia xeral da industria.

substitución combustible

Substitución de combustible

A extensión nos últimos anos da rede de distribución de gas natural converteu a este combustible nunha opción moi vantaxosa. Adaptar as súas caldeiras e queimadores para que consuman gas natural en lugar de produtos petrolíferos pode axudar a mellorar a eficiencia enerxética, ademais de reducir as emisións de CO2 e doutros contaminantes.

Ligazóns relacionadas:

› IDAE 

› CNMC 

Ficheiros relacionados:

› Coxeración (PDF 785 Kb) 

› Políticas de Xestión Medioambiental (PDF 1.1 Mb)