Interior dun negocio de restauración

Os nosos servizos de gas natural para a túa empresa

 

En Nedgia coidamos do desenvolvemento, operación e mantemento da rede de distribución de gas do teu negocio.

Tanto se tes unha grande empresa como unha peme, o gas natural ofrece grandes vantaxes en procesos industriais.

Contador gas natural

Contadores e medición

Elementos de medida e verificación necesarios, de acordo ao teu consumo e á normativa vixente.

Ver
Contacto por formulario

Telemedida

Equipos de telemedida que rexistran o consumo de gas, en réxime de alugueiro.

Ver
Dúas mulleres e un home falando

Como podo aforrar no meu negocio?

Descubre os consellos para facer un bo uso do gas natural e manter a túa instalación en bo estado.

Aforrarás enerxía e diñeiro.

Consellos de aforro enerxético

6 Vantaxes do gas natural para o sector industrial

Perfecto para ambientes limpos, procesos controlados e combustibles de alta fiabilidade e eficiencia.

Número 1

Subministración continua

Non require dispoñer de tanques de almacenamento, evitando así os riscos que leva consigo adiantar o custo do combustible. Ademais, o gas natural proporciona a tranquilidade de contar cunha enerxía fiable e sempre dispoñible, podendo así xestionar mellor o proceso produtivo.

Número dous

Non require preparación previa antes da súa utilización

A diferenza doutros combustibles, como pode ser o petróleo ou o carbón.

Número 3

Combustión limpa

Os equipos e queimadores a gas natural son máis doados de limpar, requiren menos mantemento e consérvanse mellor durante máis tempo.

Número 4

A combustión de gas natural pode finalizar de forma instantánea

No momento no que cese a demanda de calor dos aparellos que o utilizan. Isto faino moi útil para adaptarse ás necesidades variables de traballo do proceso produtivo.

Número 5

Gran precisión de regulación

Desta forma, podemos manter constante a temperatura.

Número 6

Gran poder calorífico

Coa xusta cantidade de combustible, os equipos teñen un maior rendemento.

coxeración

Usos do gas natural

O gas natural é unha das mellores fontes de enerxía para as industrias que utilizan fornos ou caldeiras nos seus procesos produtivos; para xerar electricidade, é o combustible máis económico e o que menos impacto ambiental produce; y no transporte, é un combustible automotor gran substituto da gasolina e o diésel.

Ver