Os usuarios cuxo consumo anual supere os 5 GWh/ano, os consumidores con peaxe de acceso 3.5 e os consumidores con contratos de duración inferior a 1 ano; deberán dispoñer de equipos de telemedida que rexistren o seu consumo de gas, segundo Orde IET/2446/2013, do 27 de decembro, pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións de gas e a retribución das actividades reguladas.

O non cumprimento desta norma pode supoñer penalizacións para o usuario.

Alugueiro de equipos de Telemedida

 

Nedgia pon a disposición dos consumidores equipos de telemedida en réxime de alugueiro coas seguintes tarifas:

Para consumidores conectados a redes de distribución de gas con presión de subministración igual ou inferior a 4 bar:

Equipo para unha soa liña de medida: 93,16€/mes

Incremento para cada liña de medida adicional: 17,86 €/mes

Para consumidores conectados a redes de distribución de gas con presión de subministración superior a 4 bar:

Unidade remota para a telemedida de 1, 2 ou 3 canles (ata tres liñas de medida): 165,54 €/mes

Os prezos inclúen:

  • A instalación do equipo
  • O custo das comunicacións
  • O mantemento e actualización dos equipos

Os prezos non inclúen:

  • A instalación da subministración eléctrica e o consumo eléctrico.

Os prezos indicados inclúen un 21% de IVE.

Os prezos indicados son por equipo e unidades de medida instaladas na mesma estación de regulación e medida de gas.

Para mais información, contacta con: sgestiont@nedgia.es