Dereitos de alta

En que consiste o dereito de alta? Que tarifas regulan este dereito?

Os dereitos de alta son a contraprestación económica que perciben as empresas distribuidoras de gas natural, cando un novo usuario contrata o servizo de subministración de gas canalizado. A empresa distribuidora inspeccionará a instalación receptora, unha vez recibido o boletín do instalador autorizado e procederá, se é o caso, a instalar e precintar o equipo de medida do usuario.

Os dereitos de alta aplícanse a novas subministracións e á ampliación das existentes e inclúense nestes dereitos os servizos de enganche e verificación das instalacións.

Taxas3.13.23.33.4
Cataluña76,8576,85122,54122,54
Cegas90,9790,97150,37150,37
Madrid91,2391,23136,48136,48
Andalusia7276,0297,14107,47
Castela-A Mancha84,9587,63126,12129,25
Castela e León80,9484,2119,62119,62
Galicia106,89106,89151,79151,79
Navarra93,5106,06139,55139,55
Rioja86,5686,56143,57143,57
País Vasco104,29104,29156,47156,47
Aragón104,86110,87141,62141,62
Extremadura88,50  88,50123,98 157,12

Dereitos de acometida

Os dereitos de acometida son a contraprestación económica que cobran as empresas distribuidoras de gas pola realización do conxunto de instalacións e/ou operacións necesarias para atender un novo punto de subministración de gas ou para a ampliación da capacidade dun xa existente.

Taxas (€)3.13.23.23.33.4
(Consumo anual)<5.000 kWh>5.000 <15.000>15.000<50.000>50.000<100.000>100.000
Prezos128,67128,67295,72591,48591,48

(*) Estes prezos inclúen un 21% de IVE

(**) Tarifa aplicable para uso de auga quente cociña

(***) Tarifa aplicable para uso de calefacción, auga quente e cociña