Mostrámosche como identificar ao persoal encargado de facer a lectura do contador, a inspección periódica ou a atención de calquera urxencia que poidas ter:

Solicitar a acreditación
O persoal de Nedgia ten que ir sempre debidamente identificado coa tarxeta de acreditación de Nedgia.
Recorda que non deberás realizar ningún pagamento no momento da inspección. O custo da inspección cargarase na factura que periodicamente che envía a túa comercializadora.

Comprobar que o seu uniforme ten o emblema de Nedgia ou da empresa acreditada
O persoal que che atende debe ir sempre coa indumentaria axeitada que o identifique como de Nedgia ou da empresa acreditada para tal efecto no caso das inspeccións periódicas.
En caso de dúbida, chama ao teléfono de Atención ao Cliente: 900 100 252.

Proceso de inspección periódica, lectura do contador ou atención da urxencia que teña lugar
Tras comprobar os dous puntos anteriores, o persoal de Nedgia, ou da empresa acreditada para tal efecto no caso das inspeccións periódicas, procederá a desenvolver o labor que teña lugar coa máxima celeridade e garantía.