A túa instalación de gas natural necesita inspeccións periódicas, para garantirche un aproveitamento óptimo da enerxía e a maior seguridade na súa utilización. Resolvemos todas as dúbidas que podes ter sobre o proceso de inspección periódica:
Icono número 1

Que é a inspección periódica e como me afecta?

A túa instalación de gas natural debe pasar obrigatoriamente unha inspección cada 5 anos para comprobar que cumpre cos requisitos técnicos e de seguridade.

Esta comprobación pódena realizar as empresas instaladoras habilitadas ou a túa empresa Distribuidora de gas natural.

O mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular desta ou do usuario da instalación.

Icono número 2

Cales son os posibles resultados da inspección periódica?

  • Satisfactorio. A túa instalación quedou en regra no momento da inspección.
  • Non satisfactorio. Detectáronse anomalías que hai que corrixir.
  • Ausente. Non se puido realizar a inspección e hai que concertar unha nova visita.
Icono número 6

Que se valora nunha inspección periódica?

  1. A ausencia de fugas de gas natural na instalación.
  2. A comprobación das canalizacións do gas natural (zonas visibles e accesibles)
  3. Condicións de ventilación e a situación dos contadores
  4. A ventilación dos locais que conteñen aparatos de gas natural
  5. A conexión dos aparatos á instalación de gas natural
  6. Os condutos de evacuación de quentadores e caldeiras
  7. Comprobación da combustión en quentadores, caldeiras e vitrocerámicas de gas natural
  8. As condicións de funcionamento dos aparatos que funcionan con gas natural

Recorda: estas actividades requiren entrar na túa vivenda e, por iso, é moi importante que facilites o acceso o día da visita.

Icono número 4

Como manter unha instalación en bo estado?

  1. Mantén a zona do quentador ou caldeira limpa e accesible
  2. Non manipules a instalación nin os aparatos de gas de calquera xeito sen asistencia profesional.
  3. Non impidas a entrada de aire nos orificios e non obstrúas as ventilacións.
  4. Non colgues obxectos das canalizacións do gas ou das súas chaves.
  5. Non almacenes produtos combustibles preto dos aparatos que funcionan con gas.
Icono 5

Que sucede se non permito que se leve a cabo a inspección?

A túa instalación de gas natural require certos coidados para garantir a súa utilidade. Non esquezas pasar a inspección, é pola túa seguridade. Se non se pasa a inspección, notificarase ao Organismo competente da túa Comunidade Autónoma e pode interromperse a subministración de gas natural

Ponte en contacto con noso servizo de Atención ao cliente chamando ao teléfono 900 100 252, dispoñible de luns a sábado de 8:00 a 22:00, para concertar unha cita

Icono 6

Como se tramita unha inspección periódica realizada por un terceiro?

Só un instalador habilitado de gas pode tramitar o certificado de inspección periódica.

Inspecciones EE.II.