Novo proceso de certificación de inspección periódica
Es unha empresa instaladora?
Ou queres informar unha inspección periódica dunha instalación subministrada dende unha rede canalizada de gas licuado do petróleo (GLP)?
Para informar unha inspección periódica dunha instalación subministrada dende unha rede canalizada de gas licuado do petróleo (GLP):
Envía un correo a: inspeccionperiodicaGLP@gasnaturalfenosa.com
Lembra que nese correo é imprescindible indicar todos os datos seguintes:
- Enderezo completo do punto de subministración (provincia, municipio, enderezo, número, anexo, planta, porta, etc.)
- Código empresa
- NIF/NIE
- Nome empresa
- Enderezo completo da empresa instaladora (provincia, municipio, enderezo, número, anexo, planta, porta, etc.)
- Código instalador
- NIF/NIE do instalador
- Nome instalador
- Email do instalador
- Resultado da inspección
- Potencia útil nominal
- Situación da subministración
- Data da inspección
- Importe da inspección periódica, IVE incluído
- Número de conta bancaria (código IBAN completo)
- Observacións
Tamén é imprescindible achegar copia dos documentos do certificado da inspección periódica realizada e da factura expedida sen os cales non será posible tramitar a inspección.
Chama gratis o
900 100 252
Novo regulamento
De acordo coa lexislación vixente, o novo RD 984/2015, do 30 de outubro, que poderá encontrar na nosa web, a Inspección Periódica deberá realizarse cada 5 anos, polo que será a distribuidora (Nedgia) quen notifique mediante carta aos clientes a realización desta, comunicándolles a posibilidade de elixir unha empresa instaladora de gas habilitada para realizar a inspección da súa instalación.
Se o cliente quere realizar a súa inspección cunha Empresa Instaladora, este dispoñerá do prazo indicado na carta para contactar co instalador; sendo o instalador o responsable de notificar a Nedgia a realización e o resultado da inspección.
Con esta regulamentación especifica, as empresas distribuidoras deberán comunicar aos usuarios conectados á súa rede, cunha antelación mínima de tres meses, a necesidade de efectuar a inspección periódica das instalacións receptoras comúns e/ou das instalacións individuais dos puntos de subministración conectados ás súas redes. Se una vez transcorrido o prazo, en Nedgia, non se recibe o certificado correspondente da inspección, considerarase que o cliente non realizou a inspección cunha empresa instaladora e, polo tanto, a inspección da instalación a realizará a distribuidora.