A túa instalación de gas natural necesita inspeccións periódicas, para garantirche un aproveitamento óptimo da enerxía e a maior seguridade na súa utilización. Resolvemos todas as dúbidas que podes ter sobre o proceso de inspección periódica.
Que é a inspección periódica e como me afecta?
A túa instalación de gas natural debe pasar obrigatoriamente unha inspección cada 5 anos para comprobar que cumpre cos requisitos técnicos e de seguridade.
Esta comprobación pódena realizar as empresas instaladoras habilitadas ou a túa empresa Distribuidora de gas natural.
O mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular desta ou do usuario da instalación.
Cales son os posibles resultados da inspección periódica?
- Satisfactorio. A túa instalación quedou en regra no momento da inspección.
- Non satisfactorio. Detectáronse anomalías que hai que corrixir.
- Ausente. Non se puido realizar a inspección e hai que concertar unha nova visita.
Que se valora nunha inspección periódica?
- A ausencia de fugas de gas natural na instalación.
- A comprobación das canalizacións do gas natural (zonas visibles e accesibles)
- Condicións de ventilación e a situación dos contadores
- A ventilación dos locais que conteñen aparatos de gas natural
- A conexión dos aparatos á instalación de gas natural
- Os condutos de evacuación de quentadores e caldeiras
- Comprobación da combustión en quentadores, caldeiras e vitrocerámicas de gas natural
- As condicións de funcionamento dos aparatos que funcionan con gas natural
Recorda: estas actividades requiren entrar na túa vivenda e, por iso, é moi importante que facilites o acceso o día da visita.
Como manter unha instalación en bo estado?
- Mantén a zona do quentador ou caldeira limpa e accesible
- Non manipules a instalación nin os aparatos de gas de calquera xeito sen asistencia profesional.
- Non impidas a entrada de aire nos orificios e non obstrúas as ventilacións.
- Non colgues obxectos das canalizacións do gas ou das súas chaves.
- Non almacenes produtos combustibles preto dos aparatos que funcionan con gas.
Que sucede se non permito que se leve a cabo a inspección?
A túa instalación de gas natural require certos coidados para garantir a súa utilidade. Non esquezas pasar a inspección, é pola túa seguridade. Se non se pasa a inspección, notificarase ao Organismo competente da túa Comunidade Autónoma e pode interromperse a subministración de gas natural
Ponte en contacto con noso servizo de Atención ao cliente chamando ao teléfono 900 100 252, dispoñible de luns a sábado de 8:00 a 22:00, para concertar unha cita
Como se tramita unha inspección periódica realizada por un terceiro?
Só un instalador habilitado de gas pode tramitar o certificado de inspección periódica.