IRC Instalación receptora común

A Inspección Periódica da Instalación Receptora Común consiste na revisión da instalación de gas da túa comunidade

icono 01

Que é a inspección da Instalación Receptora Común?

Revisión da instalación de gas natural (1) A instalación de gas, en zonas comúns da túa comunidade, está composta polas chaves e canalizacións necesarias para levar o gas dende a acometida da compañía distribuidora ata as instalacións de gas de cada vivenda da túa comunidade.

icono 02

Cando debe a miña comunidade de veciños realizar a inspección de gas da instalación común?

De acordo á normativa vixente, a inspección da instalación das zonas comúns realízase cada 5 anos. Dende NEDGIA informaremos por escrito, mediante carta, a todos os veciños da comunidade conectados á rede, cando venza o período e debades realizala.

icono 03

Fanse ao mesmo tempo as inspeccións da instalación individual da miña vivenda e da instalación de gas da miña comunidade?

Estas inspeccións realízanse cada cinco anos, pero non sempre se fan á vez. Dende NEDGIA informaremos por escrito a todos os veciños da comunidade conectados á rede cando sexa o momento de realizala

icono 03

Con quen pode a miña comunidade de veciños realizar a inspección periódica da instalación de gas da comunidade? Tedes dúas posibilidades

  • Realizala con NEDGIA, a vosa empresa distribuidora de gas
  • Optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Nesta web poderedes consultar o listado de empresas instaladores habilitadas www.sedeaplicaciones.minetur.gob.es.

A empresa que realice a inspección da instalación de gas encargarase de enviarnos o certificado co resultado desta a través da web.

icono 05

Canto nos custará e como podemos pagalo?

En calquera das dúas opcións, non teredes que pagar nada no momento da visita do técnico na túa vivenda. O importe da inspección farémosllo chegar á empresa comercializadora que corresponda para que o inclúa na factura de gas de cada veciño.

Nos arquivos adxuntos podedes dispoñer dos nosos prezos de inspección. Como podedes ver, o custo da inspección ten un prezo regulado e establéceo cada Comunidade Autónoma. Así pois, nalgunhas Comunidades o importe repercútese entre todos os puntos de subministración en servizo conectados á instalación mentres que noutras é un custo fixo por vivenda.

Se optades por unha empresa instaladora, o custo deberedes acordalo con ela.