A Inspección Periódica da instalación receptora individual consiste na revisión do gas dentro da túa vivenda.
Que é a inspección da instalación receptora individual?
É a revisión da instalación de gas da túa vivenda, así como dos aparatos que funcionan a gas dentro desta.
O mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular desta ou do usuario da instalación.
Realizarase a revisión dos seguintes aparatos que funcionan a gas:
- Caldeira
- Quentador
- Cociña
- Secadora
Cando debo realizar a inspección de gas da miña vivenda?
De acordo coa normativa vixente, a inspección da instalación das zonas comúns realízase cada 5 anos. Dende NEDGIA informarémoste por escrito, mediante carta, cando venza o período e debas realizala.
Fanse ao mesmo tempo as inspeccións da instalación individual da miña vivenda e da instalación de gas da miña comunidade?
Estas inspeccións realízanse cada cinco anos, pero non sempre se fan á vez. Dende NEDGIA informarémoste por escrito cando sexa o momento de realizala.
Con quen podo realizar a inspección periódica da instalación de gas da miña vivenda? Tes dúas posibilidades
- Realizala con Nedgia, a túa empresa distribuidora de gas
- Optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Nesta web poderás consultar o listado de empresas instaladores habilitadas www.sedeaplicaciones.minetur.gob.es.
A empresa que realice a inspección da instalación de gas encargarase de enviarnos o certificado co resultado desta a través da web.
Canto me custará e como podo pagalo?
En calquera das dúas opcións, non terás que pagar nada no momento da visita do técnico na túa vivenda. O importe da inspección farémosllo chegar á túa empresa comercializadora para que o inclúa na túa factura de gas.
Nos arquivos adxuntos podes dispoñer dos nosos prezos de inspección. Como podes ver, o custo da inspección ten un prezo regulado e establéceo cada Comunidade Autónoma. Se optas por unha empresa instaladora, o custo deberás acordalo con ela.