Os usuarios cuxo consumo anual supere os 5 GWh/ano, os consumidores con peaxe de acceso 3.5 e os consumidores con contratos de duración inferior a 1 ano; deberán dispoñer de equipos de telemedida que rexistren o seu consumo de gas, segundo Orde IET/2446/2013, do 27 de decembro, pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións de gas e a retribución das actividades reguladas.
O non cumprimento desta norma pode supoñer penalizacións para o usuario.
Alugueiro de equipos de Telemedida
Nedgia pon a disposición dos consumidores equipos de telemedida en réxime de alugueiro coas seguintes tarifas:
Para consumidores conectados a redes de distribución de gas con presión de subministración igual ou inferior a 4 bar, prezo regulado:
Equipo para unha soa liña de medida: 76,99 €/mes
Incremento para cada liña de medida adicional: 14,76 €/mes
Para consumidores conectados a redes de distribución de gas con presión de subministración superior a 4 bar, prezo NON regulado:
Unidade remota para a telemedida de 1, 2 ou 3 canles (ata tres liñas de medida): 136,81 €/mes
Unidade remota integrada en conversor de 1 canle de medida: 100,7 €/mes
Unidade remota estadar xestionando 1 Flow Computer (FC): 210,99 €/mes
Unidade remota estadar xestionando 2 Flow Computer (FC): 276,92 €/mes
Unidade remota estadar xestionando 3 Flow Computer (FC): 331,71 €/mes
Os prezos de aluguer inclúen:
- Custo do módulo de comunicacións.
- Valor do armario e a súa preparación.
- Fonte de alimentación (interna ou externa).
- Barreiras de protección ATEX.
- Custo de instalación.
- SIM e custos telefónicos asociados.
- Mantementos correctivos, con servizo de atención entre 3 e 7 días laborais en función da criticidade.
- Cambios de baterías nas remotas integradas en conversor.
- Equipo de substitución en caso de non se poder reparar in situ.
- Acceso do usuario a través de web aos datos particulares dos consumos diarios e horarios.
Os prezos non inclúen:
- A instalación da subministración eléctrica e o consumo eléctrico.
Os prezos indicados inclúen un 21% de IVE.
Os prezos indicados son por equipo e unidades de medida instaladas na mesma estación de regulación e medida de gas.
Para mais información, contacta con: sgestiont@nedgia.es