
Os nosos servizos de gas natural para o teu fogar
En Nedgia coidamos do desenvolvemento, operación e mantemento da rede de distribución de gas do teu fogar.
Isto inclúe a instalación da infraestrutura, as operacións técnicas que se derivan diso, as inspeccións periódicas e obrigatorias e un servizo de urxencias as 24 horas, os 365 días do ano.

Como podo aforrar na casa?
Descubre os consellos para facer un bo uso do gas natural e manter a túa instalación en bo estado.
Aforrarás enerxía e diñeiro.
Pensando na túa seguridade
Chámanos se percibes que pode existir algún risco causado polo gas natural e observas anomalías na subministración, como alta ou baixa presión ou falta de gas.
Os especialistas de Nedgia clasificarán a incidencia en función do risco ou gravidade e indicaranche por teléfono como debes actuar. Se o problema non se pode solucionar telefonicamente, enviarán ao persoal especializado de Nedgia para eliminar os riscos.

Servizo de urxencias as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Teléfono gratuíto
900 750 750

Avisos que encontrarás na casa
Carteis, xustificantes, tarxetas e cartas.
