Quen son os nosos colaboradores?
Os nosos colaboradores ofrecen aos seus clientes un proxecto, unha instalación, aparatos de gas natural, a conexión e o uso do gas natural, xa for como parte do seu negocio ou como forma de ofrecer un servizo completo aos seus clientes.
Dende Nedgia facilitamos aos nosos colaboradores o seu labor orientando e proporcionando ferramentas para promover a satisfacción dos seus clientes de forma especializada.
Non importa o tamaño da empresa, o sector ou se es un autónomo. Toda alianza sempre é moi importante para nós.
Benvidos!
-
Profesionais técnicos
-
Instaladores
-
Reformistas
-
Asociacións
-
Administradores de predios
-
Inmobiliarias
-
Retallistas, etc.
Por que ser colaborador de Nedgia?

Axudámosche a ofrecer unha solución chave en man aos teus clientes.

Permíteche vender outros servizos e rendibilizar a relación.

Contas cunha información actualizada que che permite ser proactivo e acompañar todo o proceso.

Menores custos na instalación, xa que unha mellor coordinación con Nedgia evita anomalías nesta.

É unha vantaxe competitiva fronte a outras empresas do teu sector.

Quero ser colaborador de Nedgia
*Campos obrigatorios
Que achegamos aos nosos colaboradores?

Área privada
Acceso á Área Privada de Nedgia
para tramitar solicitudes de conexión á rede, recibir información sobre a dispoñibilidade de rede e o estado do punto de subministración para contratar.

Ofertas
Consulta toda a información e documentación sobre as ofertas de Nedgia para os teus clientes, a quen vai dirixida e como aplicala, cal é a achega e como a recibirás, tempo de vixencia da oferta etc.

Plataforma Acerca
Canle de atención prioritaria e
especializada que acompaña as empresas colaboradoras no desenvolvemento da súa actividade relacionada co proxecto e instalación do gas natural.

Novidades
Información ao día das novidades e comunicacións de Nedgia e do sector.

Adhírete agora mesmo á Oferta Pública de Nedgia

Os teus clientes tamén saen gañando

-
Serás o único interlocutor para o teu cliente, simplificando as xestións que terá que facer e mellorando a súa satisfacción.
-
Maior rapidez e calidade na posta do gas debido a unha mellor coordinación entre ti e Nedgia.
-
Tranquilidade e comodidade do cliente.
-
Aumenta a satisfacción e promove a fidelización dos teus clientes.