Hai 50 anos que iniciamos a distribución e expansión
do gas natural en España
Un fito histórico que revolucionou os fogares e industrias do noso país
A historia permítenos recordar de onde vimos e tamén cara a onde imos. Este ano, ademais, temos un motivo especial que celebrar: levamos medio século formando parte da historia da distribución do gas natural.
Chegada do gas natural en 1969
A chegada do primeiro cargamento de gas natural a Barcelona, en 1969, revolucionou os fogares e industrias do noso país, xa que significou o principio do fin da produción do gas en fábricas. O inicio da subministración directa de gas natural, unha enerxía con maior poder calorífico e moito máis respectuosa coa contorna que o gas manufacturado, supuxo un grande avance para a sociedade e para a economía. Dende entón, a expansión das redes de gas natural foi imparable.
Para a expansión do gas natural era necesario crear unha infraestrutura que permitise a regasificación do gas natural licuado que chegaba por barco, e así foi como, tras unha década de negociacións nacionais e internacionais, en 1970 se inaugurou a planta de regasificación de Barcelona.
“O aumento do nivel de vida coas súas esixencias de confort, que afecta o sector doméstico, e a necesidade de dispoñer dunha fonte de enerxía nobre, como o gas natural, que permita unha maior calidade nos produtos finais para poder competir con éxito nos mercados, foron motores de crecemento” – Noticiario informativo de Gas Natural, xuño do 1970
Este cambio tan significante implantouse progresivamente.
A expansión das redes de distribución de gas natural realizouse en dúas fases (1969-1972 e 1985-1990), primando a chegada do gas natural aos clientes industriais con grandes demandas de enerxía e, a continuación, aos clientes domésticos.
Nas zonas nas que non se contaba previamente con infraestruturas de gas manufacturado, desenvolvéronse as redes de distribución, o que implicou a construción de quilómetros de gasodutos e canalizacións, mentres que, nas que xa dispoñían de gas manufacturado, unicamente se tivo que realizar a operación coñecida como cambio de gas. Deste xeito, en 1971 as áreas máis destacadas de Barcelona e arredores xa dispoñían de gas natural canalizado.
Expansión e desenvolvemento do sector
A chegada do gas natural foi un grande éxito que remataría implantándose no resto do país. En 1985, o Ministerio de Industria e as empresas do sector subscribiron o chamado Protocolo de intencións para o desenvolvemento do gas en España. Esta gran noticia contribuíu a emendar, en parte, o atraso histórico que o sector sufría respecto a Europa, onde o gas natural estaba nesa época xa moi consolidado.
Este plan supuxo o apoio á completa expansión do gas natural como enerxía en todo o territorio peninsular de España e implicou a desaparición de todas as instalacións de produción de gas manufacturado. De feito, o fin da fabricación do gas sitúase en 1997, o que contribuíu a ter un aire máis limpo nas cidades ao facer desaparecer o consumo de combustible moito máis contaminante.
Dende entón, ata hoxe, seguimos innovando e escribindo a nosa historia grazas a ti.