Compromiso sostenible Nedgia

As actividades do grupo desenvólvense de forma que contribúan positivamente ao comportamento ambiental. A continuación mostramos algúns obxectivos previstos.

Obxectivos previstos para o 2018

Redución do tempo de posta en servizo. Axilizando todos os trámites para que a instalación de gas estea en uso o antes posible.

Mellora no tempo medio de resolución de reclamacións. Reducindo os tempos de resposta para peticións de información e a resolución de reclamacións ou peticións de servizo.

Consolidación do Proxecto Smile-Costumer Experience no proceso de posta en servizo, atendendo e informando o cliente dende que realiza a súa petición de instalación ata que esta se encontre en servizo.

Optimizar a recuperación de terras a gabia, mantendo a eliminación de entullos a vertedoiro co conseguinte aproveitamento de recursos.

Redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, que puideran producirse por vento en plantas de Gas Natural Licuado.

Desenvolvemento de proxectos de gas renovable, xerado a partir de refugallos orgánicos gandeiros, agrícolas ou industriais, evitando a emisión á atmosfera de CO2.

Ficheiros relacionados

Documento descargable

Documentación descargable

› Recoñecemento nos índices de investimento responsable  (PDF 637 Kb)