Máis de 175 anos no sector enerxético
Como evolucionamos ata o momento actual?
Para familiarizarnos e comprender mellor todo o que se relaciona con esta enerxía, detémonos nas orixes e a historia.
O desenvolvemento do consumo de gas natural no século XXI
O consumo final do gas natural creceu fortemente ata a crise de 2008-2009, motivado polo crecemento do uso de gas en procesos industriais xunto cun aumento gradual do uso nos fogares e a instalación, a partir de 2002, de ciclos combinados que utilizan o gas natural como combustible para xerar enerxía eléctrica. Os ciclos combinados de gas natural supoñen unha mellora no rendemento, reducindo custos e emisións de CO, CO2, NOx e eliminando practicamente a emisión de partículas ou de derivados do xofre.
2018, ano emblemático para a compañía
En 2018, coincidindo co 175 aniversario do grupo, levouse a cabo un dos cambios máis significativos da nosa historia: o paso de Gas Natural Fenosa a Naturgy.
A nosa nova marca é internacional, adaptada a todos os mercados globais e enfocada na innovación, a dixitalización, a simplicidade e globalidade.
Nedgia, marca para o negocio de distribución de gas en España
Algúns datos de interese
Tamén en 2018 lánzase Nedgia, a nova marca para toda a actividade de distribución de gas do grupo Naturgy en España e iníciase unha nova etapa enfocada no crecemento e a transformación da actividade, co obxectivo de achegar benestar.
NEDGIA xunta dous conceptos fundamentais para a compañía: a innovación unida á experiencia e solvencia que achega pertencer ao grupo enerxético Naturgy e o desenvolvemento, durante os últimos 25 anos, da expansión do gas natural en España.
Trala implantación da nova marca, as diferentes empresas que realizan a actividade de distribución de gas manteñen a denominación territorial e histórica nas rexións onde operaban, e adoptan Nedgia como o seu novo nome. Este representa a globalidade da enerxía distribuída, a inmensa rede que a distribúe de forma eficiente e sinxela e asóciase ao ámbito enerxético, ao desenvolvemento e as conexións.