Juan Manuel Belda, novo director de NEDGIA Cegas

Juan Manuel Belda, director de NEDGIA Cegas Nomeamentos

A ata agora directora, Celestina López, pasa a dirixir a área de Operacións de NEDGIA na zona norte.

NEDGIA, a distribuidora de gas natural do Grupo Naturgy, nomeou a Juan Manuel Belda novo director xeral de NEDGIA Cegas, a súa filial na Comunidade Valenciana. Juan Manuel Belda substitúe no cargo a Celestina López, quen pasa a dirixir a área de Operacións de NEDGIA na zona norte.

O novo director de NEDGIA Cegas é valenciano e enxeñeiro industrial superior pola Universitat Politècnica de València. Con máis de 20 anos de experiencia no Grupo Naturgy, Juan Manuel Belda ocupou diversas posicións de responsabilidade no ámbito da distribución de gas natural e, concretamente, en NEDGIA Cegas (antes Gas Natural Cegas) na Comunidade Valenciana, onde foi delegado nas tres provincias. Posteriormente, pasou pola dirección de NEDGIA Castela-A Mancha, NEDGIA Madrid e NEDGIA Catalunya.

Con este nomeamento, NEDGIA aposta pola Comunidade Valenciana ao designar como responsable da actividade da compañía distribuidora unha persoa cun amplo coñecemento do territorio e cunha extensa experiencia e traxectoria na compañía.

O novo director de NEDGIA Cegas asume o reto de continuar a expansión da rede de distribución de gas natural na Comunidade Valenciana, así como a potenciación dos novos usos desta fonte de enerxía, entre os que destacan a implantación da mobilidade sustentable con gas natural e o impulso ao gas renovable.

Juan Manuel Belda compatibilizará o cargo de director de NEDGIA Cegas coa dirección das distribuidoras de NEDGIA en Catalunya e Balears.

 

Nova realidade, novos retos

NEDGIA aposta firmemente pola decisiva contribución do gas natural na mellora da calidade do aire nas cidades españolas. Por iso, traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras e eficientes para facer chegar o gas natural a novos usuarios, e promove os novos usos do gas, como a mobilidade sustentable como alternativa a combustibles tradicionais, ou o gas renovable, unha opción sustentable e economicamente competitiva para impulsar un sistema enerxético descarbonizado e loitar contra o cambio climático.

Ademais, a compañía está a traballar na dixitalización de todos os seus procesos co obxectivo de aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para facer máis eficiente e eficaz a súa actividade, ademais de conectar coa nova realidade máis tecnolóxica e esixente.

 

Presencia na Comunidade Valenciana

NEDGIA Cegas é a compañía de distribución de gas natural do grupo Naturgy na Comunidade Valenciana, onde subministra gas natural a 205 municipios, o que permite que o 87 % da poboación teña acceso a esta fonte de enerxía. A empresa xestiona máis de 663.000 puntos de subministración e unha rede de distribución que acada os 8.800 quilómetros.

València, 19 de setembro de 2018

 

Descargar en PDF