Medidas COVID-19

Ante a emerxencia sanitaria na que nos atopamos, en Nedgia estamos a aplicar un protocolo específico de actuación para garantir o normal funcionamento da nosa rede de distribución, así como a atención de todo tipo de emerxencias que teñan que ver coa seguridade das instalacións, os usuarios e o resto dos cidadáns.

No caso das operacións domiciliarias de lectura, inspección periódica e as relacionadas cun servizo de atención de urxencias, realizámolas aplicando criterios de prudencia e responsabilidade, utilizando en todo momento os equipos de protección individual recomendados polas autoridades sanitarias e seguindo o protocolo de seguridade establecido para previr o contaxio por COVID-19.

As operacións de alta, posta en servizo, baixa e reapertura execútanse con normalidade, aínda que as actuacións e prazos están condicionados polas limitacións operativas derivadas desta situación.

Así mesmo, nas diferentes zonas nas que os Gobernos autonómicos decretaron o seu confinamento, adaptamos os nosos protocolos de actuación para garantir o normal funcionamento da nosa rede de distribución de gas natural. Nestas áreas confinadas, seguiremos atendendo todo tipo de emerxencias e, ata que se eliminen as medidas de confinamento, reprogramaremos todas as operacións que o cliente nos solicitara aprazar, sempre que precisen a entrada no domicilio e que non presenten carácter de urxencia.

Descubre as medidas que tomamos nas operacións en domicilios

Lecturas de contador

Retomamos as lecturas dos contadores de gas natural dentro dos domicilios, seguindo un estrito protocolo de seguridade.

Recorda que tamén podes enviar comodamente a túa lectura dende a app YoLeoGas ou co formulario online  teléfono 900 770 770.

Dar a miña lectura

Inspección periódica

Retomamos as visitas para realizar a inspección periódica. Se a túa visita xa fora programada, pero non puido realizarse pola emerxencia sanitaria, non te preocupes, recibirás información coa nova data para poder realizala en breve.

Tamén podes consultar as novas datas e o protocolo de actuación dos nosos técnicos para levar a cabo a inspección con total seguridade para todos na nosa web.

Alta, reconexión e posta en servizo

As actuacións e os prazos destes trámites están condicionados ás limitacións operativas derivadas desta situación. Se tes dúbidas, contacta connosco.

Ponte en contacto connosco

Protocolo dos nosos técnicos