GAS NATURAL FENOSA lanza NEDGIA, a nova marca para o seu negocio de distribución de gas en España

GAS NATURAL FENOSA lanza NEDGIA, a nova marca para o seu negocio de distribución de gas en España

NEDGIA continuará liderando o sector gasista español apostando pola expansión e as solucións innovadoras para facer chegar a subministración a máis de 10,7 millóns de usuarios, a través dos máis de 5,3 millóns de puntos de subministración aos que abastece.

  • NEDGIA continuará liderando o sector gasista español apostando pola expansión e as solucións innovadoras para facer chegar a subministración a máis de 10,7 millóns de usuarios, a través dos máis de 5,3 millóns de puntos de subministración aos que abastece.
  • A nova marca xunta dous conceptos fundamentais para a compañía: a innovación unida á experiencia e solvencia que achega pertencer ao grupo enerxético GAS NATURAL FENOSA e ter desenvolvido durante os últimos 25 anos a expansión do gas natural en España.
  • A compañía manterá as denominacións territoriais en todas as comunidades autónomas onde desenvolve a súa actividade.

 

Madrid, 15 de xaneiro de 2018.- GAS NATURAL FENOSA lanzou hoxe NEDGIA, a nova marca para toda a súa actividade de distribución de gas en España, e inicia unha nova etapa enfocada no crecemento e a transformación da súa actividade co obxectivo de achegar benestar a 10,7 millóns de usuarios (a través de máis de 5,3 millóns de puntos de subministración no noso país).

NEDGIA, pronunciado [Nétjia], xunta dous conceptos fundamentais para a compañía: a innovación unida á experiencia e solvencia que proporciona pertencer ao grupo enerxético GAS NATURAL FENOSA e ter desenvolvido durante os últimos 25 anos a expansión do gas natural en España.

Tras a implantación da nova marca, as diferentes empresas que realizan a actividade de distribución de gas manterán a denominación territorial e histórica nas rexións onde operan, e pasarán a chamarse Nedgia Andalucía, Nedgia Aragón, Nedgia Balears, Nedgia Castela-A Mancha, Nedgia Castela e León, Nedgia Catalunya, Nedgia Cegas, Nedgia Galicia, Nedgia Madrid, Nedgia Navarra e Nedgia Rioxa.

A nova marca, NEDGIA, permite reflectir as raíces e traxectoria da empresa, pero aposta por un futuro no que hai que dar resposta a novos retos enerxéticos, como o gas natural vehicular e o gas renovable, traballando pola mellora da calidade do aire e a innovación enerxética.

Ademais da marca, tamén cambia a denominación da sociedade hólding e das diferentes distribuidoras de gas do grupo, que continuarán desenvolvendo a actividade de distribución de gas coas condicións de calidade, vocación de servizo e estándares de seguridade que sempre definiron e diferenciaron á compañía.

O cambio de marca coincide ademais no tempo coa entrada de novos socios no conxunto de accionistas da sociedade hólding do negocio de gas do grupo enerxético, xa que GAS NATURAL FENOSA está a punto de pechar a operación de venda do 20 %, acordada o pasado ano, a un consorcio de investidores en infraestruturas a longo prazo formado por Allianz Capital Partners (ACP) e Canada Pension Plan Investment Board (CPPIB).

Coa nova marca, o grupo afonda no cumprimento do principio de separación de actividades establecido na Directiva 2009/73/CE, do 13 de xullo de 2009, sobre normas comúns para o mercado interior do gas natural.

 

NEDGIA, unha marca de futuro

A nova marca representa a globalidade da enerxía distribuída, así como a inmensa rede que a distribúe de forma eficiente e sinxela. O nome, pola súa raíz etimolóxica, está asociado ao ámbito enerxético e á vez ao desenvolvemento e as conexións.

Ademais, NEDGIA vincula ao futuro da enerxía, á transformación enerxética da man de novas tecnoloxías, ás enerxías limpas, a calidade do aire e os novos usos do gas. Tamén se asocia a beneficios relacionados coa eficiencia e o rendemento. En definitiva, o novo nome e a imaxe falan de movemento, o que confirma a evolución da compañía para adaptarse aos novos retos, mantendo os elevados estándares de calidade e seguridade.

 

De Gas Natural a NEDGIA

As orixes da actividade de gas de NEDGIA entroncan coa longa historia do grupo GAS NATURAL FENOSA, a primeira empresa de gas que se creou en España e que introduciu o gas natural na Península Ibérica a finais dos anos 60 do pasado século. Dende entón, GAS NATURAL veu impulsando de xeito definitivo a expansión do gas natural no noso país e os novos usos desta enerxía adaptándose ás necesidades dos usuarios e da contorna.

Hoxe NEDGIA supera os 5,3 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 51.000 quilómetros de redes en máis de 1.100 municipios de España.

Entre as apostas de futuro de NEDGIA, destacan a decisiva contribución do gas natural para a mellora da calidade do aire nas cidades españolas, o desenvolvemento de infraestruturas e a expansión de puntos de subministración que fagan posible que máis cidadáns poidan dispoñer de gas natural e a aposta por solucións innovadoras, como o gas renovable.

Descargar en PDF

Compartir