Melloramos a experiencia dixital dos nosos instaladores co lanzamento dunha nova área privada na nosa web

Melloramos a experiencia dixital dos nosos instaladores co lanzamento dunha nova área privada na nosa web

Nos próximos días, lanzaremos un novo e-commerce para a contratación online da instalación e a subministración de gas natural.

Nesta nova área privada, as empresas colaboradoras poderán publicar as súas ofertas e recibir directamente a solicitude de instalación de gas natural dos clientes.

Seguimos avanzando na dixitalización da relación cos nosos colaboradores co lanzamento dunha nova área de privada de colaboradores na nosa web. Esta nova plataforma forma parte dun novo e-commerce que lanzaremos proximamente e co que queremos facilitar aos nosos clientes a contratación online da instalación e a subministración de gas natural.

Con esta nova plataforma, queremos axilizar e simplificar as comunicacións entre instaladores e clientes, xa que, dentro dun único espazo, o colaborador poderá recibir directamente as solicitudes dos clientes e presentar un orzamento.

Nesta nova área privada, máis visual e intuitiva, os gremios e instaladores poderán ver os datos do potencial dos puntos de subministracións e subir e ver o estado das súas solicitudes de alta de gas e certificados de instalación, como facían ata agora. Como novidade, os colaboradores contarán co seu espazo propio, a súa ficha de empresa, na que poderán configurar como queren que os vexan os clientes que accedan ao novo e-commerce e publicar as súas tarifas e ofertas.

Para a nosa responsable de Estratexia Comercial e Transformación, Elena Longarela, “con esta nova área privada damos un paso máis na dixitalización dos nosos servizos, xa que a tecnoloxía e unha xestión óptima dos datos nos permite coñecer as necesidades dos nosos colaboradores para poder ofrecerlles un servizo de maior calidade, aumentar a súa satisfacción connosco e brindarlles novas oportunidades de negocio”.

Os colaboradores poderán realizar todas as súas consultas sobre a nova área privada a través da Canle Acerca, a plataforma de apoio ás empresas colaboradoras (900 500 405 ou canalacerca@nedgia.es).

Sobre NEDGIA

Somos NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Naturgy e a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde operamos a través das nosas diferentes compañías en once comunidades autónomas. Subministramos gas natural ao 70% dos consumidores, que supoñen máis de 5,4 millóns de puntos de subministración. O noso activo son os máis de 53.800 quilómetros de infraestruturas que operamos en 1.150 municipios de España, e que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e tamén a distribución de gas renovable e de hidróxeno no futuro. A innovación, proximidade e atención ao cliente forman parte da nosa razón de ser e caracterizan a nosa actividade.

Compartir