Nedgia lanza unha Oferta Pública dirixida a instaladores para incentivar as conexións de gas

Nedgia lanza unha Oferta Pública dirixida a instaladores para incentivar as conexións de gas

Nedgia, a distribuidora de gas do Grupo Naturgy, lanza despois de dous anos unha Oferta Pública dirixida a profesionais e empresas instaladoras en todas as comunidades autónomas onde está presente. A Oferta supón un impulso para o sector de instaladores de gas, que pode chegar a beneficiar máis de 4.000 empresas e fortalecer a relación de proximidade cos gremios e asociacións aos que pertencen.

Esta Oferta Pública de Nedgia permite aos instaladores acreditados polo órgano competente da comunidade autónoma recibir un incentivo económico pola tramitación de novas solicitudes de conexión á rede de gas natural de clientes. Á súa vez, as empresas instaladoras poden aplicar aos clientes ofertas e descontos para a instalación de gas natural.

Vantaxes para empresas instaladoras

Para as empresas instaladoras, a adhesión a esta Oferta Pública de Nedgia supón unha vantaxe competitiva e unha oportunidade para fidelizar os seus clientes. Supón ademais un ingreso adicional, ao recibir unha compensación económica pola actividade comercial e a xestión das solicitudes de conexión dos seus clientes á rede de gas de Nedgia. Tamén facilita o labor comercial da empresa instaladora con ofertas e financiamentos para a instalación dos seus clientes. Ademais, a través do acceso aos sistemas de Nedgia, a empresa instaladora poderá acompañar o seu cliente no proceso de posta en gas, xa que sempre dispoñerá da información actualizada.

Vantaxes para novos clientes de gas

Simplifícanse as xestións para o cliente, que terá o seu instalador como interlocutor de referencia. Isto supón unha maior rapidez e calidade na posta en servizo ao reforzarse a coordinación entre Nedgia e o instalador. Por outra banda, os novos clientes poderanse beneficiar de descontos no prezo da súa instalación ao reducir o seu custo.

Sobre Nedgia

A filial do grupo Naturgy, é a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera en 11 comunidades autónomas e 1.150 concellos. Conta con máis de 5,4 millóns de puntos de subministración que supoñen o 70 % dos consumidores. O seu principal activo son os máis de 54.000 quilómetros de redes que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e de gas renovable (biometano), así como de hidróxeno no futuro. A innovación, proximidade e atención ao cliente forman parte da súa razón de ser e caracterizan a súa actividade. 

 

Compartir