{"id":38608,"date":"2026-06-03T20:29:26","date_gmt":"2026-06-03T18:29:26","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nedgia.es\/blog-gas-natural\/que-e-un-gasoduto-e-como-funciona-percorrido-do-gas-seguridade-e-mantemento\/"},"modified":"2026-06-08T11:34:28","modified_gmt":"2026-06-08T09:34:28","slug":"que-e-un-gasoduto-e-como-funciona-percorrido-do-gas-seguridade-e-mantemento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/blog-gas-natural\/que-e-un-gasoduto-e-como-funciona-percorrido-do-gas-seguridade-e-mantemento\/","title":{"rendered":"Que \u00e9 un gasoduto e como funciona: percorrido do gas, seguridade e mantemento"},"content":{"rendered":"<script>    var municipio_no_encontrado = \"Municipio no encontrado.\";    var direccion_no_encontrada = \"Direcci\u00f3n no encontrada. No utilices el tipo de v\u00eda como calle, avenida etc. y revisa que est\u00e1 bien escrito.\";        var piso_no_encontrado = \"Piso no encontrado.\";    var campo_obligatorio = \"Campo obligatorio.\";    var email_incorrecto = \"El campo deber\u00eda ser direccion@dominio.es\";    var formato_incorrecto = \"Formato incorrecto\";    var seleccionar_condiciones = \"Debe seleccionar las condiciones legales.\";    var formato_dni = \"El campo deber\u00eda tener el siguiente formato: 12345678Z o Y8237411K\";    var emails_no_coinciden = \"Los emails no coinciden.\";    var telefono_caracteres = \"El tel\u00e9fono debe tener 9 caracteres.\";    var campo_incorrecto = \"Campo incorrecto\";    var escalera = \"Escalera\";    var bloque = \"Bloque\";    var piso = \"Piso\";    var puerta = \"Puerta\";    var NoZonaNedgia = \"Lo sentimos pero tu domicilio no est\u00e1 en la zona donde Nedgia\u00a0 distribuye gas natural. Encuentra la Empresa Distribuidora que te corresponde en el siguiente \";        var link =  \"link\";    var aqui =  \"aqu\u00ed\";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_1 = \"Nos consta que ya tienes gas natural en tu finca. Ahora el siguiente paso ser\u00e1 realizar la instalaci\u00f3n en tu vivienda, contactando con un instalador autorizado. Te explicamos como hacerlo \";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var FincaEInmueble_1 = \"Nos consta que ya dispones de suministro de gas natural en tu domicilio.\";    var FincaEInmueble_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";        var FincaNoInmuebleCertificadoSi_1 = \"Nos consta que ya tienes la instalaci\u00f3n de gas natural en tu domicilio realizada. Ahora solo te falta gestionar el contrato de gas natural con una empresa comercializadora. Te explicamos como hacerlo. \";    var FincaNoInmuebleCertificadoSi_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var SelecNum = \"Selec. Num.\";    var SelecBloqueEscalera = \"Selec. Bloque Escalera Piso Puerta\";    var NumeroPiso = \"N\u00famero\";    var BloqueEscaleraPisoPuerta = \"Bloque Escalera Piso Puerta\";<\/script><script>    var municipio_no_encontrado = \"Municipio no encontrado.\";    var direccion_no_encontrada = \"Direcci\u00f3n no encontrada. No utilices el tipo de v\u00eda como calle, avenida etc. y revisa que est\u00e1 bien escrito.\";    var piso_no_encontrado = \"Piso no encontrado.\";    var campo_obligatorio = \"Campo obligatorio.\";    var email_incorrecto = \"El campo deber\u00eda ser direccion@dominio.es\";    var formato_incorrecto = \"Formato incorrecto\";    var seleccionar_politica_privacidad = \"Debe seleccionar los t\u00e9rminos y condiciones.\";    var seleccionar_condiciones = \"Debe seleccionar las condiciones legales.\";    var formato_dni = \"El campo deber\u00eda tener el siguiente formato: 12345678Z o Y8237411K\";    var emails_no_coinciden = \"Los emails no coinciden.\";    var telefono_caracteres = \"El tel\u00e9fono debe tener 9 caracteres.\";    var campo_incorrecto = \"Campo incorrecto\";    var escalera = \"Escalera\";    var bloque = \"Bloque\";    var piso = \"Piso\";    var puerta = \"Puerta\";    var NoZonaNedgia = \"Lo sentimos pero tu domicilio no est\u00e1 en la zona donde Nedgia\u00a0 distribuye gas natural. Encuentra la Empresa Distribuidora que te corresponde en el siguiente \";    var link = \"link\";    var aqui = \"aqu\u00ed\";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_1 = \"Nos consta que ya tienes gas natural en tu finca. Ahora el siguiente paso ser\u00e1 realizar la instalaci\u00f3n en tu vivienda, contactando con un instalador autorizado. Te explicamos como hacerlo \";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var FincaEInmueble_1 = \"Nos consta que ya dispones de suministro de gas natural en tu domicilio.\";    var FincaEInmueble_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var FincaNoInmuebleCertificadoSi_1 = \"Nos consta que ya tienes la instalaci\u00f3n de gas natural en tu domicilio realizada. Ahora solo te falta gestionar el contrato de gas natural con una empresa comercializadora. Te explicamos como hacerlo. \";    var FincaNoInmuebleCertificadoSi_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var SelecNum = \"Selec. Num.\";    var SelecBloqueEscalera = \"Selec. Bloque Escalera Piso Puerta\";    var NumeroPiso = \"N\u00famero\";    var BloqueEscaleraPisoPuerta = \"Bloque Escalera Piso Puerta\";<\/script><p>Descubre que \u00e9 un gasoduto, como funciona, que tipos existen e como \u00e9 a rede de gasodutos en Espa\u00f1a. Os gasodutos son infraestruturas clave para o desenvolvemento do sector enerx\u00e9tico, xa que nos subministran o gas necesario para poder abastecer as redes de distribuci\u00f3n, como a de Nedgia.<\/p><div style=\"height:30px\" aria-hidden=\"true\" class=\"wp-block-spacer\"><\/div><p><strong>Resumo r\u00e1pido<\/strong><\/p><ul class=\"wp-block-list\"><li><strong>Que \u00e9:<\/strong> un gasoduto \u00e9 unha tubaxe de gran di\u00e1metro que permite transportar gas natural a alta presi\u00f3n dende o punto de orixe ata os centros de distribuci\u00f3n.<\/li><li><strong>Como funciona:<\/strong> o gas circula a presi\u00f3n mediante estaci\u00f3ns de compresi\u00f3n distribu\u00eddas ao longo do percorrido.<\/li><li><strong>Tipos:<\/strong> gasodutos de transporte (alta presi\u00f3n e longa distancia) e de distribuci\u00f3n (baixa\/media presi\u00f3n e rede local).<\/li><li><strong>Espa\u00f1a:<\/strong> a rede de gasodutos conecta con Alxeria a trav\u00e9s do Medgaz e o Magreb-Europa, e complem\u00e9ntase con plantas de regasificaci\u00f3n.<\/li><li><strong>Nedgia:<\/strong> como distribuidora, opera a rede de baixa presi\u00f3n que leva o gas ata fogares, empresas e industrias.<\/li><\/ul><h2 class=\"wp-block-heading\">Que \u00e9 un gasoduto?<\/h2><p>Un gasoduto \u00e9 unha tubaxe dese\u00f1ada especificamente para transportar gas natural ou outros gases combustibles. Explicado de forma sinxela, un gasoduto \u00e9 unha gran tubaxe preparada e dese\u00f1ada especificamente para poder transportar hidrocarburos, como o gas natural, dende os lugares nos que se produce ou extrae ata os puntos de distribuci\u00f3n para facelo chegar posteriormente aos clientes.\u202fEntre os tipos de gasodutos, temos que diferenciar entre aqueles que son de transporte, enfocados a longas distancias e con moita presi\u00f3n para que o gas poida avanzar ao longo deste, e os de distribuci\u00f3n, con menor presi\u00f3n e orientados ao transporte entre distancias m\u00e1is curtas.<\/p><p>Os gasodutos constr\u00faense con materiais moi resistentes, como o aceiro ou o polietileno, en funci\u00f3n de cada proxecto. Transportan gas natural, que \u00e9 unha mestura de hidrocarburos gasosos composta de aproximadamente un 90 % de metano, pero tam\u00e9n poden transportar outros gases, como etano, propano, butano e outros compo\u00f1entes menores.<\/p><p>A\u00ednda que popularmente se lles denomina gaseodutos, a forma correcta de nomealos segundo a RAG \u00e9 gasodutos.<\/p><p>Esta \u00e9 unha das formas de distribu\u00edr o gas xunto cos barcos metaneiros, como xa vimos no artigo do noso blog <a href=\"https:\/\/www.nedgia.es\/blog-gas-natural\/como-se-transporta-el-gas-natural\/\">A viaxe do gas natural.<\/a><\/p><h2 class=\"wp-block-heading\">Como funciona un gasoduto?<\/h2><p>O transporte a trav\u00e9s de gasodutos \u00e9 o sistema cl\u00e1sico de traslado mediante tubaxes de aceiro con carbono, de elevada elasticidade, ben enterradas na superficie terrestre ou ben no fondo dos oc\u00e9anos. A capacidade de transporte dos gasodutos depende da diferenza de presi\u00f3n entre os seus extremos e do di\u00e1metro (a medida que este aumenta, tam\u00e9n o fai a capacidade de transporte).<\/p><p>\u00c9 unha das formas de conducir o gas que se introduce en Espa\u00f1a, xunto co resto dos m\u00e9todos que xa mencionamos no artigo do noso blog <a href=\"https:\/\/www.nedgia.es\/blog-gas-natural\/de-donde-viene-el-gas-natural-que-se-consume-en-espana\/\"><strong>De onde v\u00e9n o gas natural que se consome en Espa\u00f1a?<\/strong><\/a><\/p><p>A forma de facer circular o gas a trav\u00e9s dos gasodutos non \u00e9 outra que aumentar en determinados puntos a presi\u00f3n do gas. Esta acci\u00f3n real\u00edzase nas <strong>estaci\u00f3ns de compresi\u00f3n<\/strong>, que aseguran a correcta circulaci\u00f3n dos caudais de gas e compensan as perdas de presi\u00f3n que se producen no transporte. O control dos fluxos de gas real\u00edzase dende instalaci\u00f3ns onde se reciben as medidas de presi\u00f3ns, temperaturas, caudais e poderes calor\u00edficos (centros de control); a estes puntos intermedios denom\u00ednaselles estaci\u00f3ns de compresi\u00f3n.<\/p><p>Ademais das estaci\u00f3ns de compresi\u00f3n, c\u00f3ntase coas <strong>v\u00e1lvulas de seccionamento<\/strong>: son elementos indispensables para xestionar e controlar a rede de tubaxes, que permiten illar tramos, atender labores de mantemento ou avar\u00edas e xestionar sectorizaci\u00f3ns.<\/p><p>Outro punto cr\u00edtico son os sistemas de odorizaci\u00f3n. Estes sistemas engaden ao gas natural un cheiro caracter\u00edstico que adoitamos asociar ao gas, a\u00ednda que en realidade o gas natural \u00e9 inodoro. Tr\u00e1tase de instalaci\u00f3ns de seguridade que inxectan compostos qu\u00edmicos con xofre (como o mercaptano) no gas natural ou no GLP.&nbsp; Grazas a este proceso, pode detectarse calquera fuga polo olfacto antes de que o gas acade niveis perigosos.<\/p><p>Outro dos aspectos importantes \u00e9 que o gas natural subministrado debe chegar nunhas condici\u00f3ns moi determinadas. A presi\u00f3n debe contar cun rango concreto, debe chegar unha temperatura correcta e o grao de limpeza ten que estar sempre controlado. Por \u00faltimo, debe co\u00f1ecerse a cantidade de gas que se consome para poder realizar a facturaci\u00f3n do combustible consumido. A estaci\u00f3n de regulaci\u00f3n e medida (ERM) disp\u00f3n dun sistema de medici\u00f3n que debe cumprir cos requirimentos da compa\u00f1\u00eda que subministre o gas.<\/p><p>As principais funci\u00f3ns da estaci\u00f3n de gas son:<\/p><ul class=\"wp-block-list\"><li>Manter unha presi\u00f3n constante e dentro de rangos moi concretos, xa que a presi\u00f3n do gas subministrado dende o gasoduto \u00e1 ERM (estaci\u00f3n receptora) pode variar dependendo das caracter\u00edsticas do gasoduto en cada momento.<\/li><li>Garantir que a temperatura sexa a axeitada, o que permite evitar a formaci\u00f3n de xeo pola condensaci\u00f3n do vapor de auga.<\/li><li>Garantir a limpeza do gas, sen part\u00edculas que poidan ocasionar problemas.<\/li><\/ul><h2 class=\"wp-block-heading\">Tipos de gasodutos<\/h2><p>Os tipos de gasodutos son moi variables en funci\u00f3n do tipo de transporte co que deban cumprir en cada momento.<\/p><h3 class=\"wp-block-heading\">Gasodutos de transporte primario<\/h3><p>Son aqueles que funcionan a<strong> <\/strong>alta presi\u00f3n (m\u00e1is de 16 bar), con grandes di\u00e1metros, para poder superar longas distancias e est\u00e1n xestionados por operadores de rede de transporte (Enag\u00e1s no caso de Espa\u00f1a).<\/p><h3 class=\"wp-block-heading\">Gasodutos de distribuci\u00f3n<\/h3><p>Son os que traballan con media e baixa presi\u00f3n e est\u00e1n destinados principalmente a redes locais, polo que son o \u00faltimo tramo de transporte ata o usuario final. Dende Nedgia encarg\u00e1monos deste tipo de gasodutos ao sermos os encargados da distribuci\u00f3n en practicamente todo o territorio nacional.<\/p><h3 class=\"wp-block-heading\">Gasodutos submarinos<\/h3><p>Os gasodutos submarinos son aqueles que est\u00e1n instalados sobre o fondo mari\u00f1o para conectar pa\u00edses ou rexi\u00f3ns concretas. No caso de Espa\u00f1a, o m\u00e1is co\u00f1ecido \u00e9 o de Medgaz entre Alxeria e Espa\u00f1a, que prov\u00e9 de gran parte do gas natural que se consome en Espa\u00f1a. Para fabricar este tipo de gasodutos util\u00edzanse barcos que permiten ir colocando as tubaxes sobre o leito mari\u00f1o para recubrilo posteriormente. No caso do Medgaz, por exemplo, cada tubo de aceiro presenta unha lonxitude de 12 metros e un di\u00e1metro de 24 polgadas (610 mm). Para a protecci\u00f3n mec\u00e1nica e evitar a erosi\u00f3n, os tubos constr\u00faense con tres capas: unha de resinas epox\u00eddicas (anticorrosi\u00f3n), outra de material adhesivo (para fixar o revestimento) e outra de polipropileno (para preservar o tubo de golpes e rozaduras). En zonas de pouca profundidade aplicouse, ademais, un revestimento de formig\u00f3n para protexer o gasoduto de factores externos.<\/p><h3 class=\"wp-block-heading\">Por material<\/h3><p>Como xa vimos no caso do gasoduto que chega ata Espa\u00f1a, o material preferido \u00e9 o aceiro, que se reviste de resinas epox\u00eddicas e polipropileno. No caso dos que se utilizan para a distribuci\u00f3n urbana, util\u00edzase maioritariamente o polietileno, xunto con outros materiais como o cobre (cada vez menos usado polo seu alto custo) ou mesmo o PVC.<\/p><section class=\"block-style-5 nedgia-block block-type-table  wp-block-content\">    <div class=\"container mx-auto\">        <div class=\"main-content-wrapper\">                                  <div class=\"table-content-wrapper\">      <div class=\"rich-table-wrapper\">              <table id=\"tablepress-75\" class=\"tablepress tablepress-id-75\"><thead><tr class=\"row-1\">\t<th class=\"column-1\">Tipo<\/th><th class=\"column-2\">Presi\u00f3n<\/th><th class=\"column-3\">Distancia<\/th><th class=\"column-4\">Exemplo<\/th><\/tr><\/thead><tbody class=\"row-striping row-hover\"><tr class=\"row-2\">\t<td class=\"column-1\">Transporte<\/td><td class=\"column-2\">Alta (>16 bar)<\/td><td class=\"column-3\">Longa (centos de km)<\/td><td class=\"column-4\">Medgaz Alxeria-Espa\u00f1a<\/td><\/tr><tr class=\"row-3\">\t<td class=\"column-1\">Distribuci\u00f3n<\/td><td class=\"column-2\">Media\/baixa (<4 bar)<\/td><td class=\"column-3\">Local (barrios, cidades)<\/td><td class=\"column-4\">Rede Nedgia<\/td><\/tr><tr class=\"row-4\">\t<td class=\"column-1\">Submarino<\/td><td class=\"column-2\">Variable<\/td><td class=\"column-3\">Transfronteiriza<\/td><td class=\"column-4\">Gasoduto Magreb-Europa<\/td><\/tr><\/tbody><\/table><!-- #tablepress-75 from cache -->          <\/div>      <\/div>                <\/div>    <\/div>                <\/section>                                <h2 class=\"wp-block-heading\">Como se constr\u00fae e mant\u00e9n un gasoduto?<\/h2><p>A enxe\u00f1ar\u00eda de gasodutos c\u00e9ntrase en dese\u00f1ar e constru\u00edr tubaxes capaces de transportar gases combustibles a alta presi\u00f3n e a grande escala dende o seu punto de orixe ata os centros de distribuci\u00f3n. Para iso, empr\u00e9gase principalmente, como xa comentamos, aceiro ao carbono de alta resistencia, xunto con m\u00faltiples recubrimentos que o fan m\u00e1is resistente en funci\u00f3n de se van ser submarinos ou terrestres.<\/p><p>Polo xeral, os gasodutos inst\u00e1lanse enterrados en gabias ou sobre o leito mari\u00f1o. Con todo, \u00e1s veces e segundo o terreo ou os requisitos de seguridade que se implementen, tam\u00e9n poden constru\u00edrse en superficie.<\/p><p>Na construci\u00f3n dun gasoduto \u00e9 fundamental contar cunha planificaci\u00f3n precisa que defina os tempos de cada fase do proxecto, especialmente en tarefas cr\u00edticas como a apertura de gabias, o tendido da tubaxe e as probas de inspecci\u00f3n.<\/p><p>Unha boa planificaci\u00f3n tam\u00e9n permite coordinar con antelaci\u00f3n os recursos humanos, os equipos, os materiais e os contratos necesarios, o que axuda a manter a continuidade dos traballos e a evitar interrupci\u00f3ns innecesarias.<\/p><p>As fases incl\u00faen os seguintes pasos no caso dun gasoduto convencional, despois de conseguir os correspondentes permisos municipais:<\/p><ul class=\"wp-block-list\"><li><strong>Fase de planificaci\u00f3n e dese\u00f1o<\/strong>: nesta fase compr\u00f3banse as mellores rutas dispo\u00f1ibles, o tipo de materiais que se van utilizar e os permisos necesarios obrigatorios para poder acometer a obra.<\/li><li><strong>Fase de preparaci\u00f3n do terreo<\/strong>: l\u00edmpanse e niv\u00e9lanse os terreos e establ\u00e9cense os puntos nos que se depositar\u00e1n as tubaxes que ser\u00e1n instaladas posteriormente.<\/li><li><strong>Fase de tendido e escavaci\u00f3n<\/strong>: real\u00edzanse as gabias e as escavaci\u00f3ns pertinentes para poder tender os tubos do gasoduto, que se modificar\u00e1n en caso necesario para poder atender \u00e1 orograf\u00eda da zona.<\/li><li><strong>Fase de uni\u00f3n e soldadura<\/strong>: unha vez que se colocan os tubos, proc\u00e9dese a unilos e soldalos, ademais de recubrilos para evitar a corrosi\u00f3n.<\/li><li><strong>Fase de instalaci\u00f3n e probas:<\/strong> unha vez unidas as tubaxes, b\u00e1ixanse cara \u00e1s gabias para poder cubrilas posteriormente. No caso dos gasodutos mari\u00f1os, este paso non se realizar\u00eda, ao non estar sobre terreos. Despois proc\u00e9dese a realizar unha primeira proba hidr\u00e1ulica para comprobar que non existan fugas.<\/li><li><strong>Fase de posta en marcha<\/strong>: neste paso p\u00fargase o aire que poida haber na tubaxe e proc\u00e9dese a introducir o gas.<\/li><\/ul><p>En canto ao mantemento, faise mediante diversos labores de limpeza peri\u00f3dica, que incl\u00faen a limpeza interna e a realizaci\u00f3n de diversas probas para poder comprobar a presi\u00f3n e garantir que o gas chega correctamente. Este mantemento real\u00edzase mediante o uso de PIGS (<em>Pipeline Inspection Gauge<\/em>, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s), uns dispositivos rob\u00f3ticos que permiten limpalos con cepillos e outros compo\u00f1entes. Ademais, est\u00e1n impulsados polo propio gas natural e dispo\u00f1en de sensores para comprobar se existen deformaci\u00f3ns ou defectos no gasoduto.<\/p><h2 class=\"wp-block-heading\">A rede de gasodutos en Espa\u00f1a<\/h2><p>Espa\u00f1a ten unha das redes de regasificaci\u00f3n m\u00e1is desenvolvidas de Europa, que se complementa por conexi\u00f3ns directas con Alxeria mediante o gasoduto de Medgaz \u2014o enlace submarino directo entre Alxeria e Almer\u00eda\u2014 e o gasoduto de Maghreb, que entra pola zona de Tarifa.<\/p><p>A rede de transporte \u00e9 xestionada por Enag\u00e1s, que conta cunha rede de m\u00e1is de 11&nbsp;000 km de gasodutos de alta presi\u00f3n. C\u00f3ntase ademais con almacenamentos subterr\u00e1neos, como Gaivota e Yela, que serven para regular a demanda estacional cando non a poden proporcionar o resto dos gasodutos que se atopan dispo\u00f1ibles.<\/p><p>A isto \u00fanese a rede de regasificadoras dispo\u00f1ibles en Espa\u00f1a, con 7 regasificadoras, que podes consultar no artigo sobre <a href=\"https:\/\/www.nedgia.es\/blog-gas-natural\/regasificadoras-espana\/\">regasificadoras<\/a> no noso blog.<\/p><p>A rede de distribuci\u00f3n est\u00e1 operada por distribuidoras como Nedgia, que levan o gas ata os clientes finais, mentres que as comercializadoras son varias, como poder\u00e1s comprobar no artigo sobre as diferenzas entre <a href=\"https:\/\/www.nedgia.es\/blog-gas-natural\/diferencia-entre-distribuidora-y-comercializadora-de-gas-natural\/\">comercializadora e distribuidora<\/a> no noso blog.<\/p><h2 class=\"wp-block-heading\">Cal \u00e9 a diferenza entre un gasoduto e un oleoduto?<\/h2><p>Conv\u00e9n non confundir o gasoduto, que transporta gas natural, co oleoduto, destinado ao transporte de petr\u00f3leo e os seus derivados.<\/p><section class=\"block-style-5 nedgia-block block-type-table  wp-block-content\">    <div class=\"container mx-auto\">        <div class=\"main-content-wrapper\">                                  <div class=\"table-content-wrapper\">      <div class=\"rich-table-wrapper\">              <table id=\"tablepress-77\" class=\"tablepress tablepress-id-77\"><thead><tr class=\"row-1\">\t<th class=\"column-1\">Caracter\u00edstica<\/th><th class=\"column-2\">Gasoduto<\/th><th class=\"column-3\">Oleoduto<\/th><\/tr><\/thead><tbody class=\"row-striping row-hover\"><tr class=\"row-2\">\t<td class=\"column-1\">Flu\u00eddo transportado<\/td><td class=\"column-2\">Gas natural ou outros gases<\/td><td class=\"column-3\">Petr\u00f3leo cru ou derivados<\/td><\/tr><tr class=\"row-3\">\t<td class=\"column-1\">Estado do flu\u00eddo<\/td><td class=\"column-2\">Gasoso (a presi\u00f3n)<\/td><td class=\"column-3\">L\u00edquido<\/td><\/tr><tr class=\"row-4\">\t<td class=\"column-1\">Presi\u00f3n de operaci\u00f3n<\/td><td class=\"column-2\">Alta (ata 80 bar en transporte)<\/td><td class=\"column-3\">Variable, xeralmente m\u00e1is baixa<\/td><\/tr><tr class=\"row-5\">\t<td class=\"column-1\">Exemplo en Espa\u00f1a<\/td><td class=\"column-2\">Medgaz (Alxeria-Almer\u00eda)<\/td><td class=\"column-3\">Oleoduto CLH (portos-refinar\u00edas)<\/td><\/tr><\/tbody><\/table><!-- #tablepress-77 from cache -->          <\/div>      <\/div>                <\/div>    <\/div>                <\/section>                                <h2 class=\"wp-block-heading\">Nedgia na rede de distribuci\u00f3n de gas natural<\/h2><p>Unha vez que o gas chega a Espa\u00f1a por gasoduto ou \u00e1 planta de regasificaci\u00f3n, pasa \u00e1 rede de distribuci\u00f3n. As distribuidoras como Nedgia operan a rede de baixa e media presi\u00f3n, que leva o gas ata os puntos de consumo final. Nedgia opera en varias comunidades aut\u00f3nomas e xestiona a inspecci\u00f3n, mantemento e seguridade da rede de distribuci\u00f3n. Ademais, encarg\u00e1monos a trav\u00e9s da rede de instaladores de realizar as <a href=\"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/clientes\/inspeccion-periodica\/\">inspecci\u00f3ns peri\u00f3dicas<\/a> e avisar os clientes.<\/p><p>C\u00f3mpre diferenciar entre a <a href=\"https:\/\/www.nedgia.es\/blog-gas-natural\/diferencia-entre-distribuidora-y-comercializadora-de-gas-natural\/\">comercializadora e a distribuidora<\/a>, sendo a comercializadora a encargada de realizar a facturaci\u00f3n aos clientes e a distribuidora a responsable de que chegue o gas a todos os clientes.<\/p><h2 class=\"wp-block-heading\">Preguntas frecuentes sobre gasodutos<\/h2><ul start=\"1\" class=\"wp-block-list\"><li><strong>Que \u00e9 un gasoduto?<\/strong><br>Un gasoduto \u00e9 unha tubaxe de gran di\u00e1metro dese\u00f1ada para transportar gas natural a alta presi\u00f3n dende o seu punto de orixe ata os centros de distribuci\u00f3n. Pode percorrer centos ou miles de quil\u00f3metros, tanto por terra como polo fondo do mar.<\/li><li><strong>Como funciona un gasoduto?<\/strong><br>O gas introd\u00facese a alta presi\u00f3n e \u00e9 impulsado ao longo do gasoduto mediante estaci\u00f3ns de compresi\u00f3n. Ao longo do percorrido, as v\u00e1lvulas de seguridade controlan o fluxo e permiten illar tramos en caso de incidencia.<\/li><li><strong><strong>Que tipos de gasodutos existen?<\/strong><\/strong><br>Os principais tipos son os gasodutos de transporte (alta presi\u00f3n e longa distancia) e os de distribuci\u00f3n (media e baixa presi\u00f3n e rede local). Tam\u00e9n existen gasodutos submarinos, que conectan pa\u00edses baixo o mar.<\/li><li><strong><strong>Gasoduto ou gaseoduto, cal \u00e9 correcto?<\/strong><\/strong><br>A \u00fanica forma correcta segundo a RAG \u00e9 gasoduto. Esta ref\u00edrese ao tipo de infraestrutura para transportar gas.<\/li><li><strong><strong>Cal \u00e9 a diferenza entre gasoduto e oleoduto?<\/strong><\/strong><br>Un gasoduto transporta gas natural ou outros gases combustibles, mentres que un oleoduto transporta petr\u00f3leo cru ou os seus derivados en estado l\u00edquido. A construci\u00f3n e os sistemas de seguridade son semellantes, pero est\u00e1n adaptados ao tipo de flu\u00eddo.<\/li><li><strong><strong>Como chega o gas de Alxeria a Espa\u00f1a?<\/strong><\/strong><br>A trav\u00e9s do gasoduto Medgaz, que discorre polo fondo do mar Mediterr\u00e1neo entre Alxeria e Almer\u00eda, e do gasoduto Maghreb-Europa, que atravesa Marrocos e o estreito de Xibraltar. Espa\u00f1a tam\u00e9n importa gas en forma de GNL a trav\u00e9s de plantas de regasificaci\u00f3n.<\/li><\/ul>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Descubre que \u00e9 un gasoduto, como funciona, que tipos existen e como \u00e9 a rede de gasodutos en Espa\u00f1a. Os gasodutos son infraestruturas clave para o desenvolvemento do sector enerx\u00e9tico, xa que nos subministran o gas necesario para poder abastecer as redes de distribuci\u00f3n, como a de Nedgia.<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":38451,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[223,1],"tags":[],"class_list":["post-38608","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expertos-en-gas-gl","category-sin-categorizar"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38608","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38608"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38608\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38611,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38608\/revisions\/38611"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38451"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38608"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38608"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38608"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}