{"id":15458,"date":"2023-10-31T11:50:42","date_gmt":"2023-10-31T10:50:42","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nedgia.es\/sala-de-prensa\/naturgy-conecta-a-sua-rede-de-distribucion-de-gas-a-planta-de-biometano-biovo-de-granollers\/"},"modified":"2025-01-14T20:47:09","modified_gmt":"2025-01-14T19:47:09","slug":"naturgy-conecta-a-sua-rede-de-distribucion-de-gas-a-planta-de-biometano-biovo-de-granollers","status":"publish","type":"sala-de-prensa","link":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/actualidade-nedgia\/naturgy-conecta-a-sua-rede-de-distribucion-de-gas-a-planta-de-biometano-biovo-de-granollers\/","title":{"rendered":"Naturgy conecta \u00e1 s\u00faa rede de distribuci\u00f3n de gas a planta de biometano BioVO de Granollers"},"content":{"rendered":"<div class=\"wpb-content-wrapper\"><script>    var municipio_no_encontrado = \"Municipio no encontrado.\";    var direccion_no_encontrada = \"Direcci\u00f3n no encontrada. No utilices el tipo de v\u00eda como calle, avenida etc. y revisa que est\u00e1 bien escrito.\";        var piso_no_encontrado = \"Piso no encontrado.\";    var campo_obligatorio = \"Campo obligatorio.\";    var email_incorrecto = \"El campo deber\u00eda ser direccion@dominio.es\";    var formato_incorrecto = \"Formato incorrecto\";    var seleccionar_condiciones = \"Debe seleccionar las condiciones legales.\";    var formato_dni = \"El campo deber\u00eda tener el siguiente formato: 12345678Z o Y8237411K\";    var emails_no_coinciden = \"Los emails no coinciden.\";    var telefono_caracteres = \"El tel\u00e9fono debe tener 9 caracteres.\";    var campo_incorrecto = \"Campo incorrecto\";    var escalera = \"Escalera\";    var bloque = \"Bloque\";    var piso = \"Piso\";    var puerta = \"Puerta\";    var NoZonaNedgia = \"Lo sentimos pero tu domicilio no est\u00e1 en la zona donde Nedgia\u00a0 distribuye gas natural. Encuentra la Empresa Distribuidora que te corresponde en el siguiente \";        var link =  \"link\";    var aqui =  \"aqu\u00ed\";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_1 = \"Nos consta que ya tienes gas natural en tu finca. Ahora el siguiente paso ser\u00e1 realizar la instalaci\u00f3n en tu vivienda, contactando con un instalador autorizado. Te explicamos como hacerlo \";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var FincaEInmueble_1 = \"Nos consta que ya dispones de suministro de gas natural en tu domicilio.\";    var FincaEInmueble_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";        var FincaNoInmuebleCertificadoSi_1 = \"Nos consta que ya tienes la instalaci\u00f3n de gas natural en tu domicilio realizada. Ahora solo te falta gestionar el contrato de gas natural con una empresa comercializadora. Te explicamos como hacerlo. \";    var FincaNoInmuebleCertificadoSi_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var SelecNum = \"Selec. Num.\";    var SelecBloqueEscalera = \"Selec. Bloque Escalera Piso Puerta\";    var NumeroPiso = \"N\u00famero\";    var BloqueEscaleraPisoPuerta = \"Bloque Escalera Piso Puerta\";<\/script><script>    var municipio_no_encontrado = \"Municipio no encontrado.\";    var direccion_no_encontrada = \"Direcci\u00f3n no encontrada. No utilices el tipo de v\u00eda como calle, avenida etc. y revisa que est\u00e1 bien escrito.\";    var piso_no_encontrado = \"Piso no encontrado.\";    var campo_obligatorio = \"Campo obligatorio.\";    var email_incorrecto = \"El campo deber\u00eda ser direccion@dominio.es\";    var formato_incorrecto = \"Formato incorrecto\";    var seleccionar_politica_privacidad = \"Debe seleccionar los t\u00e9rminos y condiciones.\";    var seleccionar_condiciones = \"Debe seleccionar las condiciones legales.\";    var formato_dni = \"El campo deber\u00eda tener el siguiente formato: 12345678Z o Y8237411K\";    var emails_no_coinciden = \"Los emails no coinciden.\";    var telefono_caracteres = \"El tel\u00e9fono debe tener 9 caracteres.\";    var campo_incorrecto = \"Campo incorrecto\";    var escalera = \"Escalera\";    var bloque = \"Bloque\";    var piso = \"Piso\";    var puerta = \"Puerta\";    var NoZonaNedgia = \"Lo sentimos pero tu domicilio no est\u00e1 en la zona donde Nedgia\u00a0 distribuye gas natural. Encuentra la Empresa Distribuidora que te corresponde en el siguiente \";    var link = \"link\";    var aqui = \"aqu\u00ed\";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_1 = \"Nos consta que ya tienes gas natural en tu finca. Ahora el siguiente paso ser\u00e1 realizar la instalaci\u00f3n en tu vivienda, contactando con un instalador autorizado. Te explicamos como hacerlo \";    var FincaNoInmuebleCertificadoNo_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var FincaEInmueble_1 = \"Nos consta que ya dispones de suministro de gas natural en tu domicilio.\";    var FincaEInmueble_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var FincaNoInmuebleCertificadoSi_1 = \"Nos consta que ya tienes la instalaci\u00f3n de gas natural en tu domicilio realizada. Ahora solo te falta gestionar el contrato de gas natural con una empresa comercializadora. Te explicamos como hacerlo. \";    var FincaNoInmuebleCertificadoSi_2 = \"Si la informaci\u00f3n de nuestro sistema no la consideras correcta, ll\u00e1manos al 900 100 252.\";    var SelecNum = \"Selec. Num.\";    var SelecBloqueEscalera = \"Selec. Bloque Escalera Piso Puerta\";    var NumeroPiso = \"N\u00famero\";    var BloqueEscaleraPisoPuerta = \"Bloque Escalera Piso Puerta\";<\/script><p>A instalaci\u00f3n, impulsada polo Consorci per a la Gesti\u00f3 dels Residus del Vall\u00e8s Oriental e o Consorci Bes\u00f2s Tordera, produce biometano a partir da xesti\u00f3n de 55\u00a0000 toneladas de residuos org\u00e1nicos e da depuraci\u00f3n de 12 mill\u00f3ns de m<sup>3<\/sup> de augas residuais ao ano.<br \/>[vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><ul class=\"detalles\"><li>A planta prev\u00e9 inxectar anualmente 4 GWh de gas renovable na rede de Nedgia, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, o que equivale ao consumo de 4800 fogares, e poder\u00e1 alcanzar ata os 27 GWh de produci\u00f3n.<\/li><li>\u00c9 a sexta planta de biometano que a compa\u00f1\u00eda conecta \u00e1 s\u00faa rede en Espa\u00f1a e a primeira en Espa\u00f1a con orixe EDAR e residuos.<\/li><li>Este proxecto, que poder\u00eda chegar a superar as 9000 t de emisi\u00f3ns evitadas, permite a Catalu\u00f1a seguir avanzando significativamente na reduci\u00f3n de de gases de efecto invernadoiro, a penetraci\u00f3n de enerx\u00eda renovable e a econom\u00eda circular, transformando os residuos nun recurso enerx\u00e9tico de alto valor.<\/li><\/ul><p>Nedgia, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, empezou a inxectar na s\u00faa rede o gas renovable procedente do proxecto BioVO, que xera biometano a partir de residuos org\u00e1nicos e da lama extra\u00edda das augas residuais no municipio de Granollers (Barcelona).<\/p><p>O proxecto BioVO est\u00e1 promovido polo Consorci per a la Gesti\u00f3 dels Residus del Vall\u00e8s Oriental e o Consorci Bes\u00f2s Tordera, e conta coa UTE Facsa-Transparenta como empresa adxudicataria do dese\u00f1o, a obra e a explotaci\u00f3n, as\u00ed como da explotaci\u00f3n da EDAR, producir\u00e1 4 GWh ao ano de biometano, o que equivale ao consumo de 4800 fogares, e evitar\u00e1 a emisi\u00f3n \u00e1 atmosfera de 1472 toneladas anuais de CO<sub>2<\/sub>. A planta poder\u00eda incrementar esta cifra ata a inxecci\u00f3n de 27 GWh, o que supo\u00f1er\u00eda unha reduci\u00f3n de emisi\u00f3ns de CO<sub>2<\/sub> de ata 9700 t.<\/p><p>Este biometano obtense a partir da xesti\u00f3n de 55\u00a0000 toneladas anuais de residuos org\u00e1nicos da Planta de Dixesti\u00f3n Anaer\u00f3bica e de Compostaxe do Consorcio para a Xesti\u00f3n do Residuos do Vall\u00e8s Oriental. Os residuos tratados ampliaranse ata 80\u00a0000 toneladas cando finalice a primeira fase de ampliaci\u00f3n da Planta de Dixesti\u00f3n Anaer\u00f3bica e alcanzar\u00e1n as 100\u00a0000 nunha segunda fase. O gas renovable tam\u00e9n procede do biog\u00e1s xerado a trav\u00e9s do tratamento das lamas extra\u00eddas durante os procesos de depuraci\u00f3n dos 12 mill\u00f3ns de m<sup>3<\/sup> de augas residuais que trata anualmente a Estaci\u00f3n Depuradora de Augas Residuais (EDAR) Granollers.<\/p><p><strong>Ra\u00fal Su\u00e1rez, CEO de Nedgia<\/strong>, apuntou que \u201c<i>este proxecto \u00e9 o sexto que Nedgia conecta \u00e1 s\u00faa rede en Espa\u00f1a e representa o paradigma da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada para o desenvolvemento dos gases renovables<\/i>\u201d. \u201c<i>En Nedgia seguimos avanzando para aproveitar o elevado potencial que ten o noso pa\u00eds, o terceiro maior de Europa, e as oportunidades que est\u00e1n a xurdir en todo o territorio para que os gases renovables contrib\u00faan \u00e1 descarbonizaci\u00f3n<\/i>\u201d, engadiu Su\u00e1rez.<\/p><p><strong>Pere Rodr\u00edguez, presidente do Consorci del Vall\u00e8s Oriental<\/strong>, destacou que \u201c<i>cremos que a transici\u00f3n enerx\u00e9tica debe chegar \u00e1 sociedade tam\u00e9n mediante as actuaci\u00f3ns lideradas polas administraci\u00f3ns p\u00fablicas. BioVO \u00e9 un claro exemplo diso e unha clara aposta territorial no desenvolvemento das renovables e a\u00a0descarbonizaci\u00f3n. Esta planta permitiranos diminu\u00edr a pegada de carbono das d\u00faas instalaci\u00f3ns e colaborar co desenvolvemento da econom\u00eda circular optimizando o aproveitamento enerx\u00e9tico dos recursos que xeran a Planta de Dixesti\u00f3n Anaer\u00f3bica e de Compostaxe e a Estaci\u00f3n Depuradora de Augas Residuais<\/i>\u201d.<\/p><p><strong>\u00d2scar Sierra, presidente do Consorci Bes\u00f2s Tordera<\/strong>, afirmou que \u201c<i>BioVO representa a consolidaci\u00f3n dun obxectivo com\u00fan de d\u00faas administraci\u00f3ns p\u00fablicas do \u00e1mbito local cara \u00e1 neutralidade enerx\u00e9tica dos seus procesos. A conversi\u00f3n en BioVO do biog\u00e1s producido en ambas as d\u00faas instalaci\u00f3ns en biometano e a s\u00faa posterior inxecci\u00f3n na rede gasista, pon a disposici\u00f3n dos cidad\u00e1ns a posibilidade do uso de gas renovable directamente nos seus domicilios ou industrias, complementando o aproveitamento enerx\u00e9tico que este tipo de instalaci\u00f3ns de saneamento e tratamento de residuos xa realizan, nos seus propios procesos, do biog\u00e1s producido<\/i>\u201d.<\/p><p><strong>Pola s\u00faa banda, Francesc Roca, xerente da UTE Facsa-Transparenta<\/strong>,\u00a0manifestou que \u201c<i>o proxecto \u00e9 un exemplo real de econom\u00eda circular e de colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada, onde foi imprescindible a implicaci\u00f3n de m\u00faltiples actores para superar a elevada complexidade, tanto t\u00e9cnica coma administrativa, do proxecto. Por outro lado, como operadores da depuradora conseguimos unha reduci\u00f3n significativa da pegada de carbono desta, debido \u00e1 alta eficiencia do proceso<\/i>\u201d.[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h2>A contribuci\u00f3n de Nedgia \u00e1 descarbonizaci\u00f3n do sector<\/h2><p>Coa posta en marcha deste proxecto, Nedgia garante a inxecci\u00f3n en rede doutros 4 GWh\/ano de biometano (que poder\u00edan incrementarse ata os 27), contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 penetraci\u00f3n de gas renovable a trav\u00e9s da s\u00faa infraestrutura. A distribuidora de gas do grupo Naturgy alcanza, con esta planta, o fito relevante de seis instalaci\u00f3ns de xeraci\u00f3n de biometano conectadas \u00e1 s\u00faa rede, catro delas situadas en Catalu\u00f1a, cunha capacidade de inxecci\u00f3n conxunta de 142 GWh\/ano.<\/p><p>A planta Elena, en Cerdanyola del Vall\u00e8s (Barcelona), foi a primeira en inxectar \u00e1 rede de distribuci\u00f3n de gas de Espa\u00f1a gas renovable procedente de vertedoiro. Seguiulle o proxecto Biogasnalia, en Burgos, cuxo residuo \u00e9 de orixe agroindustrial. En Lleida, ten conectada a granxa Torre Santamar\u00eda, que inxecta biometano con orixe de residuo gandeiro e, na Coru\u00f1a, a Edar de Bens, que achega biometano procedente de augas residuais. Recentemente, a compa\u00f1\u00eda empezou a inxectar tam\u00e9n en Els Hostalets de Pierola o biometano producido a partir dos residuos urbanos do dep\u00f3sito controlado de Can Mata.[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h2>Proxecto BioVO<\/h2><p>O obxectivo deste proxecto \u00e9 a xeraci\u00f3n de biometano a trav\u00e9s do aproveitamento do biog\u00e1s que se xera nos procesos de tratamento na Planta de Dixesti\u00f3n Anaer\u00f3bica e de Compostaxe do Consorci per a la Gesti\u00f3n dels Residuos del Vall\u00e8s Oriental e na Estaci\u00f3n Depuradora de Augas Residuais (EDAR) Granollers del Consorci Bes\u00f2s Tordera.<\/p><p>A instalaci\u00f3n conta cunha planta de limpeza e purificaci\u00f3n de biog\u00e1s, mediante a tecnolox\u00eda de membranas de Bright Renewables; un gas\u00f3metro con capacidade para 1250 m<sup>3<\/sup> e un m\u00f3dulo de inxecci\u00f3n de biometano na rede de Nedgia. O proxecto utiliza o biog\u00e1s procedente das instalaci\u00f3ns da EDAR e a planta de xesti\u00f3n de residuos org\u00e1nicos procedentes da recollida selectiva, estimado agora en 661\u00a0036 Nm<sup>3<\/sup>\/ano e que poder\u00eda alcanzar os 3,26 mill\u00f3ns de Nm<sup>3<\/sup>\/ano.<\/p><p>O proxecto, cun custo previsto de 2\u00a0775\u00a0000 euros, recibiu unha subvenci\u00f3n de 1\u00a0012\u00a0944,76 euros por parte do Instituto para a Diversificaci\u00f3n e Aforro da Enerx\u00eda (IDAE) a trav\u00e9s dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional da Uni\u00f3n Europea (FEDER) ao tratarse dunha iniciativa que favorece unha econom\u00eda baixa en carbono e, polo tanto, un crecemento sostible. O resto vai a cargo dos dous consorcios.[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h2>Unha oportunidade para Catalu\u00f1a<\/h2><p>Catalu\u00f1a \u00e9 a quinta comunidade aut\u00f3noma con maior potencial de produci\u00f3n de biometano, m\u00e1is dun 8\u00a0% do total en Espa\u00f1a, suficiente para descarbonizar a totalidade do consumo dom\u00e9stico-comercial da comunidade, e sit\u00faase en terceira posici\u00f3n en potencial de produci\u00f3n de biometano a partir de residuos de augas residuais.<\/p><p>Segundo un recente informe da consultora Biovic e PWC para Sedigas, desenvolver na s\u00faa totalidade o potencial de biometano en Catalu\u00f1a implicar\u00eda a construci\u00f3n de 248 plantas, e un investimento total de 3616\u00a0M\u20ac entre plantas e redes, o que contribuir\u00eda significativamente \u00e1 creaci\u00f3n de emprego local.<\/p><p>Neste sentido, cabe destacar que este proxecto conta precisamente co respaldo de Biovic, especializada na enxe\u00f1ar\u00eda, execuci\u00f3n e posta en marcha de plantas de biog\u00e1s, biometano e hidr\u00f3xeno verde, as\u00ed como en consultor\u00eda ambiental, de valorizaci\u00f3n de residuos e de enerx\u00edas renovables.[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h3><i>Sobre Nedgia<\/i><\/h3><p><i>Nedgia, distribuidora de gas do grupo Naturgy, \u00e9 a compa\u00f1\u00eda l\u00edder na actividade de distribuci\u00f3n de gas natural en Espa\u00f1a, onde opera en 11 comunidades aut\u00f3nomas e 1150 concellos. Conta con m\u00e1is de 5,4 mill\u00f3ns de puntos de subministraci\u00f3n que supo\u00f1en o 70 % dos consumidores. O seu principal activo son os 57.000 quil\u00f3metros de redes que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministraci\u00f3n enerx\u00e9tica de gas natural e de gas renovable (biometano), as\u00ed como de hidr\u00f3xeno no futuro. A innovaci\u00f3n, proximidade e atenci\u00f3n ao cliente forman parte da s\u00faa raz\u00f3n de ser e caracterizan a s\u00faa actividade. Nedgia mant\u00e9n unha aposta decidida polos gases renovables e a s\u00faa incorporaci\u00f3n \u00e1s infraestruturas do sistema de gas: conta con 6 plantas de biometano en operaci\u00f3n, que inxectan na s\u00faa infraestrutura de redes, e unha carteira adicional de m\u00e1is de 200 proxectos en diferentes fases de desenvolvemento que lle permitir\u00e1n incorporar nova produci\u00f3n deste gas renovable no curto e medio prazo en Espa\u00f1a, o terceiro pa\u00eds con maior potencial de produci\u00f3n de biometano de Europa.<\/i>[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h3><i>Sobre o Consorci per a la Gesti\u00f3 dels Residus del Vall\u00e8s Oriental <\/i><\/h3><p><i>En 1998 iniciouse o procedemento para aprobar e constitu\u00edr o Consorci per a la Gesti\u00f3 dels Residus del Vall\u00e8s Oriental, coa aprobaci\u00f3n dos seus estatutos, a instancia do Consell Comarcal e varios concellos da bisbarra, coa finalidade de realizar a creaci\u00f3n, xesti\u00f3n e prestaci\u00f3n de forma unificada de servizos e actividades de interese com\u00fan en materia de residuos, as\u00ed como xestionar, mediante delegaci\u00f3n expresa dos seus membros, todas aquelas actividades e servizos vinculados co seu obxecto e finalidades, que se recoll\u00edan no artigo 1 dos estatutos. O proceso culmina, na constituci\u00f3n do Consorci o 2 de xu\u00f1o de 1998 e a s\u00faa posterior inscrici\u00f3n no Rexistro de Entidades Locais de Catalunya.<\/i><\/p><p><i>Durante os seus 25 anos de funcionamento, o Consorci centrou os seus esforzos na creaci\u00f3n de infraestruturas: como a planta de dixesti\u00f3n anaer\u00f3bica e de compostaxe e a planta de transferencia de residuos, ambas as d\u00faas en proceso de ampliaci\u00f3n e mellora; a rede de puntos limpos e a actual planta BioVO, para dar resposta \u00e1 xesti\u00f3n e o tratamento de residuos. Tam\u00e9n traballou no apoio \u00e1s pol\u00edticas municipais de recollida selectiva, e o financiamento de estudos que permitisen o desenvolvemento destas pol\u00edticas e determinasen as s\u00faas necesidades. O Consorci neste tempo apostou pola prevenci\u00f3n de residuos e o fomento da reciclaxe con campa\u00f1as informativas e proactivas dirixidas \u00e1 cidadan\u00eda e creou espazos de debate e investigaci\u00f3n no \u00e1mbito dos residuos.<\/i><\/p><p><i>O Consorci per a la Gesti\u00f3 dels Residuos del Vall\u00e8s Oriental traballa para facer m\u00e1is eficientes e sostibles tanto as s\u00faas instalaci\u00f3ns coma os servizos que presta, impulsando as enerx\u00edas renovables e o aforro enerx\u00e9tico e contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 transici\u00f3n enerx\u00e9tica.<\/i>[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h3><i>Sobre o Consorci del Bes\u00f2s Tordera<\/i><\/h3><p><i>O Consorci Bes\u00f2s Tordera \u00e9 unha Administraci\u00f3n local con natureza administrativa e personalidade xur\u00eddica plena, que figura inscrita no Rexistro de Entes Locais de Catalunya, estando reco\u00f1ecida como Entidade Local da Auga (ELA). Est\u00e1 integrado por 68 entes, dos cales 64 son municipios das comarcas do Barcelon\u00e9s, Moian\u00e8s, Osona, Vall\u00e8s Occidental e Vall\u00e8s Oriental, cunha poboaci\u00f3n de arredor de 2\u00a0400\u00a0000 habitantes. As s\u00faas li\u00f1as principais de actuaci\u00f3n son o saneamento en baixa (redes de sumidoiros municipais), o saneamento en alta (control de verteduras, colectoras, bombeos e estaci\u00f3ns depuradoras de augas residuais -EDAR-), a mellora do medio fluvial, a innovaci\u00f3n e a investigaci\u00f3n, a promoci\u00f3n e educaci\u00f3n ambiental -a trav\u00e9s da Fundaci\u00f3n RIVUS- e o apoio aos entes consorciados.<\/i><\/p><p><i>Actualmente xestiona 27 sistemas de saneamento, m\u00e1is de 300 km de colectores e 55 estaci\u00f3ns de bombeo. Dos 64 municipios, 51 deleg\u00e1ronlle as s\u00faas funci\u00f3ns como administraci\u00f3n actuante en materia de saneamento, cunha poboaci\u00f3n servida de m\u00e1is de 500\u00a0000 habitantes e m\u00e1is de 5000 establecementos industriais conectados \u00e1 rede de saneamento. O Consorci Bes\u00f2s Tordera traballa para facer m\u00e1is sostibles e autosuficientes as s\u00faas instalaci\u00f3ns, coa xeraci\u00f3n e aproveitamento enerx\u00e9tico do biog\u00e1s nas s\u00faas EDAR de maiores dimensi\u00f3ns, convertendo os residuos en recursos, e coa instalaci\u00f3n de placas solares fotovoltaicas en todas as s\u00faas plantas de tratamento.<\/i>[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p><h3><i>Sobre Facsa e Transparenta<\/i><\/h3><p><i>Transparenta nace da alianza de Facsa e Calaf Grup co obxectivo de implementar un novo xeito de facer na xesti\u00f3n do ciclo integral da auga en Catalunya cunha visi\u00f3n innovadora, orientada \u00e1 cidadan\u00eda e \u00e1 sostibilidade. Facsa, con 150 anos de experiencia na xesti\u00f3n do ciclo integral da auga, e Calaf Grup, de orixe catal\u00e1 e cunha traxectoria de m\u00e1is de 55 anos en todo tipo de proxectos de edificaci\u00f3n, rehabilitaci\u00f3n, obra civil e obras vinculadas ao ciclo da auga, crean un t\u00e1ndem estrat\u00e9xico \u00fanico no sector, que dota Transparenta dunha grande experiencia, un profundo co\u00f1ecemento do territorio e unha solvencia t\u00e9cnica.<\/i>[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row]<\/p><\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A instalaci\u00f3n, impulsada polo Consorci per a la Gesti\u00f3 dels Residus del Vall\u00e8s Oriental e o Consorci Bes\u00f2s Tordera, produce biometano a partir da xesti\u00f3n de 55\u00a0000 toneladas de residuos org\u00e1nicos e da depuraci\u00f3n de 12 mill\u00f3ns de m<sup>3<\/sup> de augas residuais ao ano.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":4707,"parent":0,"menu_order":0,"template":"","categories":[147],"categoria_actualidad_nedgia":[282],"class_list":["post-15458","sala-de-prensa","type-sala-de-prensa","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-gas-verde-gl","categoria_actualidad_nedgia-gas-verde-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/sala-de-prensa\/15458","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/sala-de-prensa"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/sala-de-prensa"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/sala-de-prensa\/15458\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25783,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/sala-de-prensa\/15458\/revisions\/25783"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4707"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15458"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15458"},{"taxonomy":"categoria_actualidad_nedgia","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nedgia.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categoria_actualidad_nedgia?post=15458"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}