Contratar gas natural

Descubre o doado que é contratar a alta de gas natural coas ofertas de Nedgia

O gas natural é unha enerxía eficiente e económica. Sorprenderaste do pouco que custa gozar del no teu fogar.

Se o prefires, tamén podes solicitar a alta de gas natural comodamente dende a túa casa.

Solicita a alta online
Máis información
Icono llama gas

O gas natural chega ata a túa casa.

Empezamos o camiño para que pronto poidas gozar das vantaxes de gas natural no teu fogar ou local.

O camiño do cliente é moi sinxelo e moito máis rápido do que seguramente cres. Para que poidas gozar de todo o confort en cada recanto do teu fogar. Unha vez que teñas realizado a solicitude, iniciaremos os trámites para que, o antes posible, teñas instalado o gas natural na casa.

  • Etapa 1. Petición de solicitude
  • Etapa 2. Construción de instalacións
  • Etapa 3. Subministración de gas
  • Etapa 4. Xa tes gas

Deseguida poderás gozar da túa nova enerxía, eficiente, sostible e económica.

Etapas do camiño

¿Por qué el gas natural es una energía óptima para tu hogar?

Contratar o gas natural permíteche dispoñer de auga quente, calefacción e cociñar de forma ininterrompida da forma máis eficiente.
calefacción a gas natural
  • Para a auga quente sanitaria: a ducha non se interrompe, proporciona unha subministración continuo, non se acaba, o consumo é máis barato e a auga quente obtense de forma instantánea
  • Para a calefacción: a calefacción é en moitos fogares un dos elementos de maior consumo enerxético. A de gas natural é a máis barata, proporciona unha agradable temperatura homoxénea en toda a vivenda, ata o último recanto, e unha subministración continua, ademais de permitir un uso simultáneo de todos os aparellos.
  • Para a cociña: Non terás que estar pendente de comprar nin de cargar bombonas nin de cando se acaba o butano. Ademais, gañarás espazo na túa cociña porque o gas natural non require de sitio de almacenaxe. O gas natural tamén supera á electricidade como enerxía na cociña, xa que a comida sabe mellor, actúa de forma máis rápida e como consome menos, o prezo da factura remata sendo menor.
Máis información