Coñece o teu proceso de alta de gas natural?

 

Explicámosche as tarefas que teñen que realizarse para que comeces a gozar das vantaxes de ter gas natural segundo o tipo da túa vivenda/ local.

 

Selecciona como é a túa vivenda/local

Coñece o teu

proceso de alta

de gas natural

Explicámosche as tarefas que teñen que realizarse para que comeces a gozar das vantaxes de ter gas natural segundo o tipo da túa vivenda/ local.

Selecciona como é a túa vivenda/local

Xa tiña gas natural na miña vivenda/local, pero deime de baixa e quero volver dispoñer do servizo

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña. Unha vez rexistrada a túa petición de alta, iniciamos os trámites para que dispoñas de gas natural no teu fogar o antes posible. ​

2. Dado que dispós de instalación na túa vivenda, simplemente terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo.

3. Dende a comercializadora coa que realizaches o contrato, chegaranos un aviso para colocar o contador e poñer en servizo a túa instalación. Durante as seguintes 24 horas, porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador; un técnico autorizado virá a colocalo e realizará as probas previas.  ​

4. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local.

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Hai veciños do meu terreo que teñen gas natural, pero eu non

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña. Cando sexa rexistrada a túa petición de alta, iniciamos os trámites para que goces de gas natural na túa casa o máis pronto posible. ​

2. Posto que non dispós de instalación de gas na túa vivenda, o teu instalador autorizado deberá realizar a instalación de gas na túa vivenda ou IRI. A IRI é a instalación de gas dende o contador ata os aparatos de gas na vivenda.

3. Unha vez realizada a instalación, terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo.  ​

4. Dende a comercializadora coa que realizaches o contrato, chegaranos un aviso para colocar o contador e poñer en servizo a túa instalación. Durante as seguintes 24 horas, porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador; un técnico autorizado virá a colocalo e realizará as probas previas. ​

5. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local.

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Non dispoño de gas natural no edificio, pero sei que si hai canalización na rúa

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña. Despois do rexistro da túa petición de alta, empezamos os trámites para que pronto teñas gas natural na túa casa. ​

2. Dado que non dispós da instalación no predio, o teu instalador autorizado deberá realizar a instalación de gas en zonas comúns ou IRC . A IRC é a instalación de gas dende a válvula de acometida no exterior do edificio ata o teu contador. Unha vez feita esta instalación, necesitaremos que o teu instalador nos envíe o certificado de IRC.

3. Igualmente, o teu instalador autorizado deberá realizar a instalación de gas na túa vivenda ou IRI. A IRI é a instalación de gas dende o contador ata os aparatos de gas na vivenda.

4. Unha vez realizada a instalación, terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo. Na páxina https://comparadorofertasenergia.cnmc.es/comparador/ poderás acceder ás distintas ofertas.

5. Dende a comercializadora coa que realizaras o contrato, chegaranos un aviso para a colocación do contador e a posta en servizo da túa instalación. Durante as seguintes 24 horas porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador. Un técnico virá a colocalo e fará as probas previas. Tamén recollerá o certificado IRI en caso de que o teu instalador non nolo enviara anteriormente.

6. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local.

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Non dispoño de gas natural no edificio e sei que non hai canalización na rúa

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña.

2. Tras o rexistro da túa solicitude de alta, iniciamos os trámites para que comeces a gozar canto antes do gas natural no teu fogar. ​

3. Se a túa petición é viable, pediremos unha licenza ao Concello do teu municipio para iniciar a obra de canalización de gas na vía pública. O prazo de concesión de licenza depende do concello de cada localidade. ​

4. En paralelo, dado que non dispós da instalación no edificio, o teu instalador autorizado deberá realizar a instalación de gas en zonas comúns ou IRC. A IRC é a instalación de gas dende a válvula de acometida no exterior do edificio ata o teu contador. Unha vez feita esta instalación, necesitaremos que o teu instalador nos envíe o certificado de IRC.

5. Igualmente, o teu instalador autorizado deberá realizar a instalación de gas na túa vivenda ou IRI. A IRI é a instalación de gas dende o contador ata os aparatos de gas na vivenda. No caso de vivendas plurifamiliares a construción da IRI non é imprescindible para o inicio das obras, pero deberás tela construída cando finalicemos para poder dispoñer de gas na túa vivenda ou local.

6. Unha vez que dispoñamos da licenza por parte do Concello e do certificado de IRC por parte do Instalador autorizado, iniciaremos as obras de canalización en vía pública ata a túa casa. ​

7. Unha vez realizada a instalación, terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo.

8. Dende a comercializadora coa que realizaches o contrato, chegaranos un aviso para colocar o contador e poñer en servizo a túa instalación. Durante as seguintes 24 horas, porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador; un técnico autorizado virá a colocalo e realizará as probas previas.

9. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local. ​

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Xa tiña gas natural na miña vivenda/local, pero deime de baixa e quero volver dispoñer do servizo

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña. Unha vez rexistrada a túa petición de alta, iniciamos os trámites para que dispoñas de gas natural no teu fogar o antes posible. ​

2. Dado que dispós de instalación na túa vivenda, simplemente terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo.

3. Dende a comercializadora coa que realizaches o contrato, chegaranos un aviso para colocar o contador e poñer en servizo a túa instalación. Durante as seguintes 24 horas, porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador; un técnico autorizado virá a colocalo e realizará as probas previas.  ​

4. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local.

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Non dispoño de gas natural na casa, pero sei que si hai canalización na rúa

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña. Apenas se rexistre a túa petición de alta, comezaremos os trámites para que chegue o gas natural ao teu fogar. ​

2. Dado que non dispós da instalación na casa, o teu instalador autorizado deberá realizar a instalación de gas na túa vivenda. A Instalación Receptora Individual (ou IRI) empeza dende a chave de acometida no exterior da vivenda ata os aparatos de gas do interior desta. Unha vez feita esta instalación, necesitaremos que o teu instalador nos envíe o certificado de IRI.

3. Unha vez realizada a instalación, terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo.

4. Dende a comercializadora coa que realizaches o contrato, chegaranos un aviso para a colocación do contador e poñer en servizo a túa instalación. Durante as seguintes 24 horas, porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador; un técnico autorizado virá a colocalo e realizará as probas previas.

5. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local. ​

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Non dispoño de gas natural na miña casa e sei que non hai canalización na rúa

1. Se queres ter gas natural na túa casa ou local, o primeiro que debes facer é solicitar a alta do servizo. Chámanos gratis ao 900 897 084 ou solicita a alta en liña.

2. Como noutros casos, primeiro debemos rexistrar a túa petición de alta para iniciar os trámites que farán posible que chegue, en breve, o gas natural á túa casa. ​

3. No caso de que a túa petición sexa viable, xestionamos a licenza co Concello do teu municipio para iniciar a obra de canalización de gas na vía pública. O prazo de concesión da licenza depende do concello de cada localidade. ​

4. En paralelo, dado que non dispós da instalación na casa, o teu instalador autorizado deberá realizar a Instalación Receptora Individual (ou IRI). Esta empeza dende a chave de acometida no exterior da vivenda. Unha vez feita esta instalación, necesitaremos que o teu instalador nos envíe o certificado de IRI.

5. Unha vez que dispoñamos da licenza por parte do Concello e do certificado de IRI por parte do Instalador autorizado, iniciaremos as obras de canalización en vía pública ata a túa casa. ​

6. Unha vez realizada a instalación, terás que contratar a subministración de gas natural cunha empresa comercializadora a través da túa empresa instaladora ou xestionándoo ti mesmo.

7. Dende a comercializadora coa que realizaches o contrato, chegaranos un aviso para colocar o contador e poñer en servizo a túa instalación. Durante as seguintes 24 horas, porémonos en contacto contigo para concertar unha cita para colocar o contador; un técnico autorizado virá a colocalo e realizará as probas previas. Tamén recollerá o certificado IRI en caso de que o teu instalador non nolo enviara anteriormente.

8. Dende ese momento, xa poderás gozar da subministración de gas natural no teu fogar ou local.

 

Indicacións prácticas

Pictograma euroNa primeira factura, que che remitirá a túa empresa comercializadora, cargaranse os dereitos de alta e os de acometida na modalidade de pagamento que elixiches. Son conceptos e importes legalmente establecidos.

 

Icona servizo técnico

É obrigatorio por Lei realizar a inspección periódica da instalación de gas da túa vivenda cada 5 anos. Para máis información, visita o apartado da nosa web https://www.nedgia.es/clientes/gl/inspeccion-periodica/ ou consulta este documento.

Para ver en que fase está a súa solicitude

Se tes unha solicitude de alta de gas en curso, accede aquí introducindo o teu número de solicitude e código de control. Estes códigos están dispoñibles no comunicado de SMS/correos electrónicos de avisos que che enviamos.

Consulta o estado da túa solicitude