Quiero gas natural Transformación Necesitas un instalador de gas natural?

Encóntrao rapidamente coa nosa plataforma

Non esperes máis! Agora podes encontrar na nosa plataforma os instaladores de Nedgia que prestan servizo na túa zona. Poderás solicitar o teu orzamento personalizado sen compromiso e sen moverte do teu fogar de forma totalmente online. Só tes que informar das características da túa vivenda e ofrecerémosche unha listaxe das empresas colaboradoras máis competitivas da túa zona, para que compares e selecciones a que máis che guste.

Solicitar un instalador en liña

Agora instalar o gas natural é máis doado e cómodo se coñeces as empresas instaladoras da túa zona 

Estás a buscar un instalador?

Selecciona comunidade e provincia

Cargando

Non te preocupes de nada, nós encargámonos de todo

Unha vez contrates a alta de instalación de gas natural, comezaremos a realizar os traballos para levar o gas natural á túa casa. Non te preocupes por nada! Nedgia encárgase de realizar todas as xestións de tramitación de licenzas, acometidas e obras de canalización de gas.

A empresa instaladora informarate das condicións e características da instalación de gas natural na túa casa. Os instaladores comprobarán e garantirán o correcto funcionamento da instalación, e daranche os certificados de instalación de gas na túa vivenda. Facilitámosche todas as xestións para que goces da mellor enerxía!

Obtén un presuposto personalizado e sen compromiso.

Presuposto personalizado
operarios gas natural

Asesoramento especializado, garantía de satisfacción

Caldeiras

O cambio dunha caldeira de gas natural é unha acción necesaria, que non só se amortizará en poucos meses, grazas ao aforro na factura enerxética, senón que, ademais, axudará a mellorar o confort do teu fogar grazas ás funcións dos novos modelos.

Toalleiros

Os radiadores toalleiros convertéronse nun accesorio máis do noso baño. Se xa tes un circuíto de radiadores de auga quente para a calefacción, podes solicitar a instalación do toalleiro a un profesional, porque funcionan usando o mesmo sistema que o resto dos radiadores.

pictograma radiador, calefacción gas natural

Radiadores

Os radiadores de calefacción por auga quente pódense usar en instalacións convencionais (caldeiras estándar de gas natural), achegando resistencia e durabilidade, entre outras vantaxes, como sistema de calefacción do teu fogar.

Termóstatos

Os termóstatos son aparatos pensados para regular a temperatura ao noso gusto. Así, o uso que lle damos á calefacción é máis eficiente, e consegues aforro económico e benestar no teu fogar.

Quentadores

Á hora de instalar o teu quentador de gas natural debes pensar no aforro de auga e a redución de perdas de calor, así como na seguridade e os requirimentos que debe cumprir a instalación. Por iso, recoméndase realizar a instalación cun profesional autorizado.

Gas Natural

A instalación do gas natural é un proceso rápido e sinxelo que se completa nuns poucos pasos: agora podes contratar a alta totalmente online.