Coñece as condicións da oferta para o teu negocio

A quen vai dirixida?

 Negocios que queiran transformar a súa enerxía actual a gas natural.

Aplicable a todas as distribuidoras.

Cales son os requisitos mínimos da oferta?

 Potencia instalada superior a 100 kW e inferior a 170 kW.

 Para outras potencias, débese acreditar que o consumo actual para substituír é superior a 60.000 kWh/ano e inferior a 100.000 kWh/ano.

 Distancia á rede en servizo debe ser igual ou inferior a 6 metros.

 Período de permanencia de 24 meses dende a posta en servizo.

 Organismos públicos excluídos.

Cal é a achega para o cliente?

 Andalucía e Comunidade Valenciana

1000 €

 Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Madrid, Galicia, Navarra e A Rioxa

800 €

Como aplicala ao cliente?

O cliente deberá entregar á Empresa Instaladora unha copia asinada de:

 Condicións económicas da oferta.

 Solicitude de conexión á rede.

 Solicitude acometida gas.

 Comprobante de titularidade bancaria.

Como recibirá o cliente a achega?

A transferencia bancaria ao cliente final aboarase nun período aproximado dun mes a partir da posta en servizo do punto de subministración.

Cal é a vixencia?

A oferta é válida para solicitudes recibidas entre o 1 de octubro e o 31 de decembro de 2021 (ou o último día da prórroga, en caso de que se prorrogase a oferta) e postas en servizo dentro dos 3 meses seguintes á formalización da solicitude.

 

Non é aplicable a puntos de subministración (CUPS) con solicitudes presentadas con anterioridade ao 1 de outubro de 2021.

As posibles prórrogas comunicaranse internamente e serán anunciadas na web de Nedgia www.nedgia.es

oferta de instalación de gas natural prorrogada

Vantaxes de instalar o gas natural para o teu negocio

Moitas formas de aforrar

Muchas formas de ahorrar con gas natural

Ademais de ser unha das enerxías máis baratas do mercado e cos prezos máis estables, o gas natural permite aforrar en moitos sentidos.

Icona check azul NedgiaA enerxía págase unha vez consumida, sen necesidade de realizar desembolsos previos.

Icona check azul Nedgia Como esta enerxía non se almacena, a subministración é continua e así se evitan os olores derivados de ter almacenados outros combustibles no teu fogar, aforrando espazo e reducindo riscos.

Instalación doada e segura

instalación de gas natural, fácil y segura

A instalación de gas natural é sinxela, doada e proporciona valor engadido ao teu negocio.

A empresa distribuidora realiza exhaustivas revisións periódicas, de forma obrigatoria, para garantir que se cumpren os estándares máis estritos.

Ademais dos controis de seguridade, tamén facilita un servizo de urxencias permanente.

Máxima eficiencia garantida

Máxima eficiencia garantizada con gas natural

O gas natural é a enerxía máis eficiente e con máis aplicacións. Ten unha alta potencia calorífica, o que a converte na enerxía idónea e máis eficiente para quentar e conseguir altas temperaturas nun tempo mínimo.

Permite dispoñer de auga quente, calefacción e cociña en distintos lugares do teu negocio á vez e de forma ininterrompida da forma máis eficiente, xa que consome moi pouca enerxía.

tranquilidad precio estable gas natural

Fogar

Goza do confort no teu fogar, co gas natural

Fogar
comunidad de propietarios con gas natural

Comunidades

Chama e solicita orzamento personalizado para a túa comunidade

Comunidades

Teléfono iconaChámanos o 900 500 404!