Alta de gas GL

“Encontrei o aforro e a comodidade que necesitaba e agora gozo moito máis dos momentos en familia”O meu día favorito da semana son os domingos. Toda a miña familia se reúne na casa para comer paella e contarnos todo o que nos aconteceu durante a semana. Cocíñolle aos meus fillos, aos meus netos e, ademais,Leer más

“Encontrei o aforro e a comodidade que necesitaba e agora gozo moito máis dos momentos en familia”

O meu día favorito da semana son os domingos. Toda a miña familia se reúne na casa para comer paella e contarnos todo o que nos aconteceu durante a semana. Cocíñolle aos meus fillos, aos meus netos e, ademais, durante a semana encántame prepararlles friameiras para que leven para a casa, que non saben comer!

Nos tempos que corren, eu tamén tiven que apertarme o cinto. Os meus fillos dixéronme que instalaran o gas natural na casa e que comezaran a aforrar. Axudáronme a facer números e vimos que, polo consumo que teño na casa, o gas natural tamén me saía máis á conta. Instaleino e, dende entón, non penso tanto no que gasto cando cociño e gozo moito máis dos momentos en familia en lugar de pensar na factura a final de mes. Agora podo investir o diñeiro que aforro na miña familia e en min, que tamén o merezo!

Ademais, non só teño tranquilidade económica, senón que tamén sei que no inverno teño todos os recantos da casa quentiños e os meus pulmóns deixan de sufrir tanto polo frío. E con razón, porque me dixeron que o gas natural tamén é unha enerxía limpa. Para a xente maior coma min, é importante respirar un aire máis puro. E a verdade, síntome mellor utilizando unha enerxía que nos axude a coidar da saúde e do planeta que deixamos aos nosos fillos e netos.