Cociñar con gas: ¿natural ou butano?
Se te decidiches a cociñar con gas, cómpre coñeceres as principais diferenzas entre as dúas opcións máis habituais: natural e butano. Estas dúas alternativas teñen distintas características que desenvolveremos a continuación para axudarche a tomar unha decisión.
Beneficios, vantaxes e desvantaxes do gas natural
O gas natural é unha fonte de enerxía que outorga numerosos beneficios económicos e medioambientais. É a enerxía convencional menos contaminante. Ademais, estamos a incorporar gas verde na infraestrutura de gas natural existente en todo o país para empregalo nas mesmas aplicacións enerxéticas en fogares, industrias, comercios e, tamén, en mobilidade. O gas verde ou biometano é un factor determinante no proceso de descarbonización do sector enerxético e pódese intercambiar totalmente polo gas natural clásico.


