Gas renovable

Biogás e biometano (ou gas verde): diferenzas e aplicacións

Nun mundo no que ata hai pouco o noso modo de vida estivo fundamentado nunha economía lineal, no que consumimos 8 veces máis recursos que en 1900 e a poboación nos últimos 100 anos se multiplicou por 4, cómpre facermos cambios cara a unha economía circular na que os residuos pasen a ser recursos. Por ese motivo, os gases renovables son parte fundamental neste concepto.

Que é o metano e que o diferencia doutros gases?

O gas metano é o compoñente principal do gas natural. Está composto por hidróxeno e carbono, e a súa diferenza con outros combustibles radica na súa baixa emisión de dióxido de carbono tras a combustión. O metano é un dos gases clave na transición enerxética ao ser o compoñente principal de enerxías como o gas natural ou o gas verde ou renovable.

A calefacción con hidróxeno é posible?

Si, a calefacción con hidróxeno é unha alternativa ao resto de enerxías de grande actualidade debido ao auxe da transición enerxética cara a enerxías máis respectuosas co medio ambiente.