Como contratar un instalador de gas autorizado

Contratar un instalador de gas autorizado garantirache unha instalación óptima que conta coa regulamentación e todas as lexislacións vixentes no momento da súa posta en marcha.

Como saber se é un instalador autorizado? Consellos para verificar un instalador en 2 pasos.

No mercado existen moitos instaladores de gas, pero non todos están autorizados. Para garantir que a instalación se realiza de forma segura e legal, sigue estes dous pasos de verificación.

Paso 1: pide o seu carné profesional e comproba a categoría

O primeiro paso é solicitar sempre ao técnico que che mostre o seu carné profesional. Este documento certifica que recibiu a formación específica para realizar a instalación. Dentro do carné, existen tres categorías, polo que debes fixarte cal ten para o traballo que precisas:

  • Categoría A do carné:
    • É a máis alta.
    • Poden realizar todo tipo de instalacións de gas, sen límite de presión nin tipo de uso.
    • Inclúe instalacións industriais, comerciais, domésticas, colectivas etc.
    • Tamén poden traballar con calquera tipo de gas e en instalacións que requiren proxecto técnico.
  • Categoría B do carné: Nivel intermedio.
    • Poden facer instalacións receptoras domésticas, colectivas, comerciais ou industriais, pero cunha presión máxima de 5 bares.
    • Non poden intervir en instalacións máis complexas ou de alta presión.
  • Categoría C:
    • É a máis básica.
    • Só poden realizar operacións en instalacións receptoras individuais (como unha vivenda).
    • A presión máxima permitida é de 0,4 bares.
    • Non poden facer cambios de tipo de gas nin instalacións que requiran proxecto.

A nosa recomendación é que sempre solicites o carné para asegurarte de que é a categoría correcta para a operación que se vai realizar na túa casa ou comunidade.

Paso 2: comproba que a empresa está no rexistro industrial oficial

Ademais do carné do técnico, a empresa instaladora debe estar inscrita nun rexistro oficial. Esta é a túa garantía definitiva.

Esta listaxe pódese consultar publicamente na páxina web do Ministerio de Industria, no apartado Empresas instaladoras de gas no Rexistro Integrado Industrial Se a empresa aparece neste rexistro, tes a confirmación de que cumpre con toda a normativa de seguridade industrial vixente.

Paso 3: comproba a súa habilitación no rexistro industrial oficial (a túa garantía antifraude)

O rexistro industrial para instalacións de gas, que fai parte do Rexistro Integrado Industrial (RII), é unha listaxe e un mecanismo de supervisión no que se deben rexistrar os negocios e actividades de carácter industrial. A confirmación da inscrición corresponde ao organismo competente de cada comunidade autónoma. Para que se proceda á inscrición da empresa, cómpre un proxecto técnico avalado por unha autoridade competente, visado polos colexios profesionais correspondentes e cumprir a normativa de seguridade industrial vixente. 

Podes consultar esta listaxe na páxina web do ministerio no apartado Empresas instaladoras de gas no Rexistro Integrado Industrial.

Que papeis me ten que dar? O certificado e a garantía.

Ademais dos conceptos citados anteriormente, para poder realizar operacións coa garantía de estarmos a traballar con empresas que contan cos parámetros necesarios para iso, hai outros dous documentos necesarios para poder certificar que o labor de instalación se realizou axeitadamente.

O certificado de instalación de gas (o “boletín”): o teu documento clave

Sempre que realices unha instalación na túa vivenda, será necesario que che proporcionen o certificado de instalación de gas, máis coñecido como “boletín de gas”.

O certificado de instalación de gas é un boletín que acredita o cumprimento de todas as normativas e regulamentos referentes á instalación, o que garante que se trata dunha instalación segura. Este “boletín” pode ser expedido unicamente polos instaladores autorizados e, para verificalo, cómpre presentalo ante a compañía subministradora de gas, no noso caso, Nedgia. Na nosa sección da web Instala gas, verás en detalle os pasos que se realizan.

O “boletín” é un expediente completo no que se plasman as características de todas as partes da instalación, dende os aparellos que se conectan á instalación ata o resto dos elementos, mostrados normalmente en forma de bosquexo.

A garantía obrigatoria da instalación que debe figurar por escrito.

Nos casos de vivendas de nova edificación, é indispensable o certificado de instalación de gas, así como naqueles casos nos que se executen reformas de grande envergadura. Ademais, especificarase se houbo cortes do servizo por ineficiencias ou se a instalación permaneceu parada durante longos períodos.

A persoa ou empresa que contrata os servizos é a que ten que reclamar o certificado ao especialista autorizado ou ben comprobalo a través da empresa distribuidora de gas.

Preguntas frecuentes (FAQ) para acertar na contratación

Como en toda obra, reforma ou instalación, cómpre realizarmos unha serie de preguntas á hora de acometer unha instalación de gas.

Canto custa o certificado de instalación de gas?

O custo dun certificado de instalación de gas no caso dunha vivenda unifamiliar é duns 90-150 €, pero se o solicitamos para unha comunidade ou local comercial pode chegar a superar os 200 €. O prezo exacto flutúa segundo a comunidade autónoma e a empresa instaladora, aínda que tamén existen custos fixos e de xestión regulados, que son os seguintes:

  • Gastos de xestión: É un custo fixo que se paga cada 5 anos, independentemente da empresa instaladora.
  • Gastos de inspección: Este custo varía segundo a comunidade autónoma e abóase directamente na factura da comercializadora que teñamos contratada, e que poderás comprobar na nosa páxina sobre tarifas de inspección.

Instalación lista? Nedgia encárgase da alta da túa subministración

Unha vez que a túa instalación se atope preparada para poder recibir a subministración de gas, terás que seguir unha serie de pasos, entre eles, darte de alta coa comercializadora correspondente. Se queres saber os pasos para poder darte de alta, podes consultar a nosa sección Instala gas natural, na que poderás coñecer os pasos que debes seguir e as ofertas que se atopan dispoñibles en cada momento.

Compartir