Descubre que é a eficiencia enerxética, como funciona a etiqueta do A ao G, cando é obrigatorio o certificado e 12 accións clave para aforrar enerxía na túa vivenda.
Resumo rápido
- Que é a eficiencia enerxética e por que importa: a eficiencia enerxética é obter o máximo rendemento co mínimo consumo. Cando o aplicamos a unha vivenda, supón axustar todos os dispositivos e instalacións dispoñibles para poder acadar o máximo aforro e desbaldir o mínimo de enerxía.
- Como interpretar a etiqueta do A ao G: as diferentes cualificacións que se obteñen no certificado de eficiencia enerxética se clasifican do A ao G en función do grao de eficiencia de menos a máis nesa orde.
- Todo sobre o certificado de eficiencia enerxética e cando é obrigatorio: o certificado de eficiencia enerxética é obrigatorio sempre, especialmente cando esteamos involucrados en operacións de compravenda e alugueiro de inmobles para cumprir coa lexislación vixente.
- 12 accións prácticas para mellorala: as accións para mellorala van dende modificar as instalacións propias da vivenda ata realizar pequenos cambios no consumo para que sexan apreciables na redución do consumo e, polo tanto, na mellora da eficiencia enerxética.
- Axudas e subvencións dispoñibles en 2025: as axudas e subvencións aprobadas en 2025 permiten dende reducións no IRPF ata axudas concretas concedidas polas Administracións públicas locais. Estas axudas son outorgadas previamente polos fondos Next Generation: os que conceden as institucións europeas na súa loita polo cambio climático e o cumprimento da axenda 2030.
Que é a eficiencia enerxética?
O concepto de eficiencia enerxética poderíase resumir nunha frase moi simple: obter o máximo rendemento co mínimo consumo ou “facer máis con menos”. É dicir, consiste en levar a cabo as tarefas do día a día relacionadas co uso da enerxía e a transformación dos dispositivos e sistemas, os que temos á nosa disposición para converter o noso fogar ou local nun máis eficiente, buscando sempre reducir a enerxía utilizada e diminuíndo o impacto ambiental asociado ao noso consumo enerxético.
Esta decisión ten un impacto directo na nosa economía persoal e na nosa saúde, tanto mental como física, xa que reduce drasticamente as emisións de CO2 e permítenos usar os recursos dispoñibles de xeito consciente.
Detrás deste “movemento” para a eficiencia enerxética, está implícito o concepto de consumo responsable, que representa un dos piares da eficiencia enerxética, e non se trata simplemente da utilización de menos enerxía nos nosos labores diarios.
Implica adoptar decisións acerca da orixe e de como utilizamos a enerxía, adoptando prácticas sostibles en todas as áreas da nosa vida cotiá. Ao tomar eleccións sobre as opcións máis eficientes, a nosa contorna benefíciase e potenciamos a transición con sistemas enerxéticos máis sostibles.
Un bo exemplo deste consumo sostible é a utilización de enerxías alternativas como o gas verde, que estamos a fomentar dende Nedgia cunha implicación total para garantir, por una banda, a autoprodución de gas de orixe renovable, procedente de todo tipo de residuos, e, por outra, para reducir de forma drástica a nosa pegada de carbono como empresa responsable, sendo o gas verde un gas renovable plenamente intercambiable polo gas natural na rede gasística nacional.
Como se mide? A etiqueta de eficiencia enerxética paso a paso
O certificado enerxético é un tipo de certificación que avala a eficiencia enerxética dun determinado edificio ou vivenda. Como sucede cos electrodomésticos mediante os adhesivos de cores e as letras do “A” ao “G”, trátase dunha documentación que demostra e certifica de maneira fidedigna a eficiencia enerxética. A certificación é outorgada por persoal cualificado que avala a eficiencia e a presenta perante os organismos oficiais para rexistrala.
Que significa a eficiencia enerxética do A ao G
As diferentes cualificacións que se obteñen no certificado de eficiencia enerxética clasifícanse do A ao G e responden aos seguintes significados:
- A, B, C: outórgase cando se certificou a máxima eficiencia. Isto supón na práctica un menor consumo e impacto ambiental. Ademais da letra, asígnaselle a cor verde. Sempre irá relacionado cun bo illamento térmico e cun equipamento enerxético cualificado coa letra A.
- D, E: esta certificación obtense cando se comproba que a vivenda conta cunha eficiencia media e represéntase mediante a cor amarela ou laranxa.
- F, G: neste caso, o que representa é a baixa eficiencia, e vai relacionada cun alto consumo e representada coa cor vermella.
Certificado de eficiencia enerxética (CEE): todo o que precisas saber
O certificado enerxético é unha documentación esencial á hora de poder vender ou alugar unha propiedade en España, ademais de avalar o consumo de enerxía e as emisións de CO2. Este certificado é obrigatorio dende o 1 de xuño de 2013. O propietario debe encargarse de obtelo e, para iso, debe contar cos servizos dun técnico certificador.
O seu contido, despois de realizar as comprobacións pertinentes, acaba resumíndose, como xa comentamos, nunha etiqueta enerxética cunha cualificación das emisións e o consumo da propiedade. O resultado será unha escala de cores e letras que comeza no “A”, que reflicte o grao máximo de eficiencia enerxética, e o “G”, que simboliza o grao máis baixo.
Toda esta información consta nun expediente que inclúe:
- As medicións e rexistros dos diferentes compoñentes da vivenda, considerando as súas dimensións.
- O nivel de illamento térmico do edificio de cara a comprobar a súa eficiencia enerxética.
- O estado das instalacións das subministracións do edificio.
- Tipo de iluminación e equipos de iluminación do edificio.
É obrigatorio o certificado de eficiencia enerxética para vender ou alugar?
Si. O certificado de eficiencia enerxética é obrigatorio para vender ou alugar. É unha documentación esencial á hora de poder vender ou alugar unha propiedade en España e que avala o consumo de enerxía e as emisións de CO2. Este certificado é obrigatorio dende o 1 de xuño de 2013. O propietario debe encargarse de obtelo e, para iso, debe contar cos servizos dun técnico certificador.
Quen fai o certificado de eficiencia enerxética e canto custa?
O certificado de eficiencia enerxética é realizado por profesionais cualificados e non ten un prezo determinado. A razón de que non haxa un prezo oficial para este certificado débese a que non está regulado, xa que depende da cidade na que estea situado o inmoble e do seu tamaño, así como do tipo de instalacións coas que conte: non é o mesmo unha vivenda unifamiliar con diferentes tipos de enerxía que un apartamento que utilice tan só enerxía eléctrica. Iso é o que marcará o prezo final do orzamento que nos entregue o profesional ao cargo. Todos eles contan cunha ampla experiencia, xa que se trata dun certificado estandarizado e aceptado polas diferentes empresas involucradas na compravenda e alugueiro, como as inmobiliarias e as notarías.
Para que serve e canto dura?
O certificado de eficiencia enerxética implica realizar unha serie de pasos que se deben seguir para poder obtelo, e que son os seguintes:
- Contar cun orzamento previo, que o proporciona un técnico partindo dunha descrición das características da propiedade.
- Visita do técnico que realizará a valoración da propiedade para poder efectuar as medicións, e consulta das bases de datos catastrais que reflicten a construción, ano de construción e materiais empregados.
- Elaboración do expediente completo e do certificado para presentalo posteriormente na Administración.
- Entrega do certificado ao cliente e aos organismos oficiais: unha vez concluído, só quedará entregalo ao cliente e rexistralo nos organismos oficiais. Este trámite adoita realizalo o técnico dos organismos oficiais presentes en cada provincia. O certificado valídao a Administración autónoma local e o propietario ten a obriga de conservalo durante os 10 anos posteriores, que é a duración por lei do devandito certificado. En caso de realizar reformas e unha nova auditoría enerxética, pode revalidarse coas modificacións correspondentes, normalmente para conseguir a súa mellora.
Para atopar o profesional que poida realizar o traballo, o procedemento é sinxelo, poderalos localizar na lista que proporciona a entidade certificadora de cada comunidade autónoma ou ben acudindo ao colexio profesional de arquitectos e aparelladores da túa provincia, que son normalmente os profesionais que realizan o devandito informe. Ademais, contan con divisións específicas para realizar estes labores, que non se adoitan demorar dende a concesión do orzamento.
12 accións para mellorar a eficiencia enerxética da túa vivenda
As accións para mellorar a eficiencia enerxética dunha vivenda son múltiples, pero quixemos resumilas en tres bloques, dende as máis sinxelas ata aquelas que requiren medidas estruturais ou cambios de instalacións.
- Accións sen custo ou con baixo custo:
- Aproveitar a luz natural: a luz natural é o noso maior aliado de cara á mellora da eficiencia enerxética. É cousa sabida que reducir o uso da luz eléctrica e doutros sistemas de iluminación proporcionan unha diminución inmediata do consumo e contribúen á saúde persoal. Para iso, debemos aproveitar as horas de máis sol para rendibilizar o consumo de luz. Isto inclúe apagar as luces e outros dispositivos electrónicos que emitan luz, como ordenadores e pantallas.
- Ventilar de forma cruzada durante 10 minutos por día: a ventilación cruzada, ademais de ser imprescindible para unha correcta eliminación de virus e doutro tipo de contaminantes, é un recurso que nos permite reducir ata nun 30 % o consumo eléctrico de determinados aparellos, como o aire acondicionado. A explicación é sinxela, ao abrir as fiestras, conseguimos que entre o aire quente por elas e se evacúe por outras, desta forma logramos que o aire quente ascenda cara ao teito e se libere máis rapidamente.
- Usar electrodomésticos con cargas completas e programas ECO: esta é unha das medidas máis sinxelas e efectivas de aplicar. Isto implica non facer lavadoras cargadas a medias e non utilizar a lavalouza no modo de maior custo, como, por exemplo, o programa intensivo ou o de máis de 75 ºC, accións que proporcionan unha maior eficiencia enerxética.
- Eliminar o consumo pantasma desenchufando equipos en stand by: esta medida supón un aforro relativo, pero é moi doada de implementar mediante enchufes múltiples ou directamente desenchufando determinados aparellos que non adoitamos utilizar durante a noite, como os televisores.
- Accións de custo medio:
- Substituír bombillas por led: este é un dos recursos típicos en calquera empresa ou vivenda, especialmente se contan con luces fluorescentes, xa que existe a crenza errónea de que é mellor deixalos acesos permanentemente. As bombillas led permiten aforrar enerxía dende que se instalan, ao contar cunha tecnoloxía diferente ás convencionais.
- Instalar termóstatos intelixentes: usar termóstatos permite acender a calefacción ou a lavadora ás horas de menor custo enerxético e suporá un grande aforro. Ademais, existen xa moitos sistemas que nos permiten adaptar o horario para atopar o noso fogar á temperatura adecuada ao chegarmos á casa ou á oficina sen ter que deixar a calefacción acesa de noite ou de día ata a nosa chegada. A temperatura adecuada sempre estará entre os 19 e os 21 graos no inverno e os 22 e os 25 graos no verán.
- Colocar burletes en portas e ventás: os burletes son complementos moi económicos e sinxelos de conseguir: colócanse na parte inferior das portas para evitar que marche a calor e non entre o aire frío. Da mesma forma, existen recubrimentos para as fiestras: unha especie de láminas de plástico que permiten que non se coe o aire por eles, especialmente en fiestras antigas ou de madeira, máis susceptibles á dilatación polas características propias da madeira.
- Realizar o mantemento anual da caldeira: non serve de nada o baixo custo do gas natural se as perdas de calor ou o fallo na combustión provocan que haxa que utilizar máis enerxía da desexada. Para iso, as empresas de calefacción e os instaladores ofrecen servizos que garanten ese rendemento e a máxima vida útil da caldeira.
Para realizar o mantemento dunha caldeira de condensación, contaremos sempre cunha empresa autorizada. Sempre hai que contar con profesionais acreditados para manipular este tipo de equipos. O citado convenio cóbrenos fronte a posibles avarías e garántenos a realización das revisións obrigatorias. Tamén cómpre lembrar que, segundo o Regulamento de instalacións térmicas de edificios ou RITE, as caldeiras de gas teñen que revisarse cada dous anos. Neste punto, volvemos salientar a importancia de dispoñer dunha caldeira de condensación.
- Accións estruturais:
- Mellorar o illamento térmico (SATE, insuflado en cámaras): a mellora do illamento SATE (sistema de illamento térmico polo exterior) implica aumentar o espesor das placas illantes exteriores do edificio utilizando materiais que melloran a condutividade térmica e aseguran a instalación continua das fachadas sen pontes térmicas. Esta medida reduce ata nun 50 % o consumo enerxético, diminúe o ruído e axuda a previr humidades.
- Substituír fiestras por duplo ou triplo acristalamento con rotura de ponte térmica: a boa calidade das fiestras garante a preservación da calor e do frío, ademais de reducir as correntes de aire. Este tipo de melloras adoita contar tamén con importantes subvencións e axudas para proceder a súa substitución.
- Renovar electrodomésticos por modelos con etiqueta A: dispoñer dun frigorífico ou unha lavalouza cunha determinada certificación enerxética, como A+++, permite aforrar enerxía e custos ao cabo do ano de xeito considerable. Ademais, sempre nos seus programas ECO, como xa sinalamos, presentes en todos os electrodomésticos de nova xeración, como lavadoras, lavalouzas e outros dispositivos, mesmo en equipos informáticos.
- Instalar sistemas eficientes: á parte da xa mencionada caldeira de condensación, dispoñemos de sistemas híbridos que reducen as emisións, como a enerxía eólica. Como xa comentamos no noso blog, ao contar co respaldo do gas ou da electricidade, permítenos reducir de forma notable o consumo que provén directamente da rede, o que reduce o gasto e aumenta a eficiencia enerxética. Se queres coñecer todas as enerxías dispoñibles, recomendámosche o noso artigo do blog Fontes de enerxía.
Axudas e subvencións para eficiencia enerxética en 2025
O certificado enerxético presenta vantaxes adicionais ás meramente operativas. Unha delas é que, ao dispoñer de máis información acerca da eficiencia do inmoble, podemos realizar reformas que nos permitirán obter deducións na nosa declaración da renda. Por exemplo, poderemos solicitar unha dedución do 40 % naquelas vivendas nas que se rebaixe nun 30 % o consumo de enerxía primaria non renovable, que deberán estar debidamente acreditadas a través do certificado de eficiencia enerxética. Se queres saber máis sobre este tipo de reducións, convidámoste a acceder ao portal da Administración Pública de Facenda.
O propietario tamén o precisará se desexa obter determinadas subvencións. Aquelas referidas ao illamento térmico, como o cambio de fiestras, illamentos e sistemas de calefacción, son as máis comúns, xa que mellorarán a eficiencia enerxética. O certificado de eficiencia enerxética é precisamente a forma de demostrar que se diminuíu o consumo enerxético e de habilitar o acceso ás devanditas subvencións. A maior parte destas axudas proceden dos fondos europeos Next Generation, que administran as diferentes Administracións públicas.
As convocatorias dependen de cada comunidade autónoma e teñen prazos concretos para solicitalas. Para buscalas, deben consultarse as que estean vixentes, xa que son as que podemos solicitar á Administración pública, por exemplo, “axuda á eficiente enerxética 2025 de parte dos fondos Next Generation”. Estas axudas requiren sempre de aprobación previa e adóitanse solicitar en concellos ou directamente a través de portais específicos en internet. Tamén podemos acudir á comunidade de propietarios ou a un administrador de predios, que adoitan contar con información máis actualizada.
Preguntas frecuentes sobre eficiencia enerxética
- Cando se celebra o Día Mundial da Eficiencia Enerxética?
O Día Mundial da Eficiencia Enerxética celébrase todos os 5de marzo de cada ano dende 1998. Esta xornada busca concienciar sobre a necesidade de reducir o consumo enerxético, promover o uso racional da enerxía e fomentar a transición cara a fontes renovables para frear o cambio climático e protexer o medio ambiente. - Cómpre o certificado de eficiencia enerxética para un local comercial?
Si, é obrigatorio en operacións de venda ou alugueiro. Deberemos solicitalo ao propietario como condición obrigatoria para que se produza a compravenda ou o alugueiro. - É obrigatorio rexistrar o certificado de eficiencia enerxética?
Si, e hai que facelo no organismo autonómico correspondente. Ademais, o técnico encargado debe entregarnos o expediente completo xunto co correspondente rexistro na Administración pública. - A partir de cando se precisa o certificado de eficiencia enerxética?
É esixible e obrigatorio en España dende 2013. Se non dispoñemos del, pode carrexar as correspondentes sancións e paralizar a venda ou o alugueiro da vivenda ou o local correspondente.


