O teu novo contador intelixente

Todo o que precisas saber
 
 

Lectura remota e automática

Sen visitas nin estimacións.

Máis control sobre o teu consumo

Con acceso á información detallada.
 
 

Que vantaxes ten un contador intelixente?

Detalle de lecturas diarias

Elimínanse as lecturas estimadas, xa que proporciona información precisa e actualizada sobre o consumo.

Maior control do consumo

Poderás coñecer mellor os teus padróns de consumo e tomar medidas para optimizar a túa eficiencia enerxética.
Ícono de alerta en servicios de gas

Máis seguridade

Os contadores intelixentes melloran a seguridade do teu fogar ou negocio porque permiten detectar posibles fugas ou irregularidades na subministración.

Mellora o servizo ao cliente

Xa non se precisa que un técnico acceda ao teu fogar para anotar a túa lectura real. Hai xestións, como o corte de subministración, que se poderán facer a distancia.
Ícono de atención al cliente en Nedgia

Mellora a xestión coa comercializadora

A túa comercializadora dispón da información necesaria ao instante, sen que teñas que facer nada. Desta forma axilízase a resolución de calquera incidencia ou cambio de compañía.

Compatibilidade con gases renovables

Los nuevos contadores son igualmente compatibles con la transición hacia gases renovables como el biometano y el hidrógeno, alineándose con los objetivos de descarbonización.
 
 

Como se fará o cambio do teu contador?

Nos próximos anos

A substitución realizarase progresivamente nos próximos anos, cun prazo estimado de 6 a 8 anos.

Sen custo de instalación

Nedgia asume o custo da retirada do contador antigo e a instalación do novo.

Sen modificacións na instalación

Na maioría de casos, o novo contador ocupará o mesmo espazo e usará as mesmas conexións.
Se fose necesaria algunha adecuación excepcional, informarante na visita.

Sen cortes prolongados de subministración

O proceso será rápido e sen molestias.
 
 

Seguridade e protección de datos

Vida útil e mantemento

Preguntas frecuentes

Cando me cambiarán o contador?

O proceso de substitución realizarase progresivamente nos próximos anos. Antes da instalación, recibirás unha notificación coa data e os detalles do cambio.

Teño que estar presente para a instalación?

Na maioría dos casos, o cambio realízase sen necesidade de estares presente, sempre que o contador sexa accesible dende o exterior e deixes pechada a chave de paso dos aparellos. Se o contador se encontra na vivenda, deberás estar no teu domicilio para facilitarnos o acceso.