Raquel Vallejo, nova directora de NEDGIA Castela-A Mancha

Raquel Vallejo, nova directora de NEDGIA Castela-A Mancha

O ata agora director, Miguel Martín, pasa a dirixir a área de Contas Nacionais de Gran Consumo de NEDGIA.

NEDGIA, a distribuidora de gas natural do Grupo Naturgy, nomeou a Raquel Vallejo nova directora de NEDGIA Castela-A Mancha, a súa filial na comunidade autónoma, en substitución de Miguel Martín, quen pasa a dirixir a área de Contas Nacionais de Gran Consumo de NEDGIA.

Enxeñeira de Obras Públicas pola Universitat Politècnica de Valencia, Raquel Vallejo leva 20 anos no Grupo Naturgy, onde ocupou diversos postos de responsabilidade ata hai tres anos, cando pasou a dirixir NEDGIA Galicia.

A nova directora, que conta cunha ampla experiencia e coñecemento do sector enerxético, ten entre os seus obxectivos continuar coa expansión das redes de distribución de gas natural na rexión para levar esta enerxía ao maior número posible de castelán-manchegos, así como seguir potenciando e estendendo os novos usos do gas natural, entre os que destacan a implantación da mobilidade sustentable con gas natural e o impulso do gas renovable.

Raquel Vallejo compatibilizará o cargo de directora de NEDGIA Castela-A Mancha coa dirección das distribuidoras de NEDGIA en Andalucía e Madrid.

 

Nova realidade, novos retos

NEDGIA aposta firmemente pola decisiva contribución do gas natural na mellora da calidade do aire nas cidades españolas. Por iso, traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras e eficientes para facer chegar o gas natural a novos usuarios, e promove os novos usos do gas, como a mobilidade sustentable como alternativa a combustibles tradicionais, ou o gas renovable, unha opción sustentable e economicamente competitiva para impulsar un sistema enerxético descarbonizado e loitar contra o cambio climático.

Ademais, a compañía está a traballar na dixitalización de todos os seus procesos co obxectivo de aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para facer máis eficiente e eficaz a súa actividade, ademais de conectar coa nova realidade máis tecnolóxica e esixente.

 

Presencia en Castela-A Mancha

NEDGIA Castela-A Mancha, compañía de distribución de gas natural do Grupo Naturgy na rexión, conta con máis de 267.000 puntos de subministración e unha rede de distribución que supera os 4.100 quilómetros en 78 municipios. A empresa xera máis 70 postos de traballo de forma directa e preto de 1.500 empregos indirectos, fundamentalmente a través de empresas colaboradoras en todo o territorio castelán-manchego.

Toledo, 19 de setembro de 2018

Descargar en PDF

Compartir