Canto custa tomar unha ducha?

A ducha é un acto cotián e, por mor da suba continua do prezo dalgunhas enerxías, cada vez máis nos preguntamos canto nos custa tomar unha ducha coas diferentes enerxías que están á nosa disposición no mercado.

Cantos litros de auga se gastan nunha ducha?

Unha ducha habitual, a que adoitamos practicar diariamente, sen ter en conta outros factores, supón uns 8 minutos de tempo. A partir dese tempo e, sen considerar a temperatura, unha ducha implica utilizar uns 80 litros, de termos en conta que a ducha común deita sobre nós uns 10 litros por minuto. Coma en todo, depende moito do tipo de ducha que teñamos, de se usamos un nebulizador ou a clásica cabeceira de ducha, pero de media podemos dicir que investimos 8 minutos e gastamos uns 80 litros.

Canto custa tomar unha ducha?

Partindo desa premisa, estudamos o custo dunha ducha cos seguintes parámetros ou “hipótese de cálculo”:

  • Tempo da ducha: 8 min.
  • Caudal de auga: 10 litros/min.
  • Temperatura da auga fría da rede: 15 ºC.
  • Temperatura de saída da auga da ducha: ata 40 ºC.
  • Salto térmico de 25 ºC (2,33 kWh).

O custo da enerxía utilizada para unha ducha de auga quente depende, entre outros factores, da temperatura inicial da auga da rede, así como do sistema empregado para quentala (xa for un termo eléctrico, un sistema de calefacción/quentador alimentado por un depósito de gasóleo, unha bombona de butano ou unha caldeira de gas). Para acadar a temperatura óptima, adoita mesturarse auga fría e quente, polo que a fonte e o custo enerxético de quentar a auga resultan elementos clave ao comparar o gasto total entre gas natural, electricidade, gasóleo ou butano.

Podemos dicir que gastaremos en auga quente 0,23 € cada vez que nos duchamos, a metade do que gastamos se usamos un termo eléctrico (0,46 €) con tarifa regulada PVPC. Cómpre teres en conta, como verás na seguinte ilustración, que para quentar a auga con electricidade tomamos como exemplo o dunha instalación cunha potencia relativamente baixa: 3,45 kW.

Gráfico sobre el consumo de gas natural para agua caliente sanitaria
Comparativa de enerxías expresada en euros por ducha
Ícono de gas natural en sistemas energéticos
Gas Natural
(tarifa regulada TUR)
0,23 €
Ícono de butano en comparación con gas natural
Butano
0,29 €
Ícono de electricidad y su relación con el gas
Electricidade
(mellor oferta)
0,33 €
Ícono de gasoil como combustible
Gasóleo
0,34 €
Ícono de electricidad y su relación con el gas
Electricidade
(tarifa regulada PVPC)
0,46 €
80 litros de auga durante 8 minutos a 40 ºC.

O gas natural é a alternativa máis económica para quentar a auga quente. En comparación co seu competidor máis próximo en canto a prezo (o butano), as súas vantaxes céntranse na seguridade e a comodidade do combustible.

Ademais, o gas natural é clave para unha transición enerxética cara a unha sociedade máis limpa e descarbonizada, xa que contribúe a mellorar a calidade do aire ao dispoñer xa na actualidade de gas renovable que circula ata os fogares.

Podes comprobar ti mesmo o que podes aforrar instalando o gas natural para a auga quente na túa vivenda na nosa sección Quero gas natural.

Compartir