Reducir a contaminación dende casa é relativamente sinxelo. Usando axeitadamente os recursos dispoñibles e optimizándoos xa estaremos axudando a reducir a contaminación.
Como podo facer para coidar o medio ambiente? Medidas
Coidar o medio ambiente é un labor que comeza dende a nosa casa, negocio ou empresa. Como xa comentamos nalgúns artigos do noso blog, como o de medidas de aforro enerxético, ou o que dedicamos ao uso eficiente da calefacción, pequenas accións realizadas en moitos fogares e negocios conseguen reducir de forma efectiva a contaminación a ámbito local e global. Vivir nunha contorna menos contaminada prevén a aparición de enfermidades e alonga a vida e a calidade dos recursos dispoñibles no planeta.
Utiliza a auga de xeito responsable
A auga é un ben escaso, por iso, os consellos máis habituais que che podemos dar e que son efectivos para poder reducir o consumo de auga son pechar a billa ao nos enxaboar, lavar os dentes ou afeitarnos, usar cabeceiras de ducha de baixo fluxo (aquelas que utilizan menos auga sen afectar á presión), revisar que non teñamos fugas de auga na casa e usar a lavadora e o lavalouza con cargas completas. Se aplicamos estes catro consellos, reduciremos o consumo de auga e, ademais, verémolo reflectido na nosa factura.
Recicla o lixo
Reciclar o lixo é un dos elementos clave para axudar a reducir a contaminación. Aprender a usar cada un dos contedores e repartir previamente o lixo na casa para que vaian a cada un deles é unha das primeiras cousas que debemos facer. O contedor amarelo para plásticos e envases, o azul para o papel, o verde para o vidro e o marrón para os refugallos orgánicos. Ata as pilas teñen os seus contedores específicos, situados na rúa ou mesmo en determinados centros comerciais.
Intenta utilizar fontes de enerxía sostibles
As fontes de enerxía sostibles contribúen de forma directa a reducir a contaminación dende a súa orixe. As fontes de enerxía renovables caracterízanse por non usar combustibles tradicionais, ser ilimitadas e de orixe natural. Como xa comentamos, as fontes de enerxía sostibles clasifícanse entre as de xeración eléctrica e aproveitamento térmico.
As enerxías renovables xeran o 40 % da electricidade dispoñible actualmente, e para o ano 2050 superarán os combustibles tradicionais, así que te convidamos a coñecer os diferentes tipos de enerxía.
As de xeración eléctrica serían as seguintes:
- Enerxía eólica ou minieólica, que é aquela procedente do vento.
- Enerxía hidroeléctrica (centrais minihidráulicas con menos de 10 MW de potencia nominal).
- Enerxía solar, que se subdividiría en enerxía solar fotovoltaica, que procede da electricidade xerada nas instalacións solares fotovoltaicas, e a enerxía solar térmica, que procede da calor xerada polos colectores solares.
Entre as coñecidas como aproveitamento térmico estarían:
- A enerxía solar térmica de baixa temperatura.
- A enerxía procedente da biomasa.
- O biogás en todas as súas variantes.
- A valorización enerxética de residuos sólidos urbanos.
Como xa sabes, en Nedgia estamos a tomar múltiples decisións para contribuír a reducir a contaminación, dando un xiro total á forma na que distribuímos a enerxía, comprometéndonos cos obxectivos de desenvolvemento sostible e mellorando a forma na que colaboramos coa nosa contorna. Estamos incorporando novos biocombustibles como o biometano, procedente de diferentes tipos de residuos, para inxectar na rede gasística española un gas máis sostible, respectuoso co medio ambiente e que se produce de maneira local.
Reduce o uso de plásticos
O plástico é un dos maiores contaminantes do planeta. Á súa complicada reciclaxe súmaselle que a súa vida útil é extremadamente longa, polo que resulta moi complicado que se poida descompoñer ou transformar, se non é mediante a reciclaxe. Ademais de intentar reciclar dentro da casa os plásticos dispoñibles, como dándolle novos usos os envases, é importante tamén tentar non traer tanto plástico á casa, procurar comprar de forma sostible sen empregar tantos plásticos para envasar os alimentos e utilizar a nosa propia bolsa da compra para reducir o círculo de plástico que entra na casa.
Evita tirar e reutiliza na medida do posible
Esta recomendación vai en liña coa anterior. Toda aquela materia á que poidamos dar unha segunda vida terá un efecto directo sobre o planeta. Xa falamos de envases de plástico, pero o mesmo sucede coa roupa, que podemos doar ou entregar a outros membros da nosa familia, ou os mobles, que se poden utilizar para novos fins ou transformalos para cumpriren outra función.
Fai un uso eficiente das fontes de enerxía
O uso eficiente das fontes de enerxía é outro dos aspectos clave. Canta menos enerxía consumamos, menos contaminación estaremos xerando, por iso supón un aspecto fundamental á hora de reducila. No noso blog, contamos cunha sección completa dedicada a estes consellos, que van dende un uso razoable á hora de usar a calefacción ata outros aspectos, como a ducha ou o uso das enerxías axeitadas para cada unha das necesidades que teñamos na casa.
Utiliza bombillas de baixo consumo
Este é un dos consellos que máis se veu utilizando nos fogares e negocios españois, ao ter unha repercusión directa sobre a factura. O uso de luces led reduce nun 80 % o consumo e, ademais, teñen unha vida útil moito máis longa. Porén, aínda máis importante que cambiar as nosas luces é aproveitar ao máximo a luz natural.
Tenta moverte en transporte público
Usar transporte público é outra das medidas estrela para poder reducir a contaminación. O autobús (que agora, ademais, está a incorporar fontes renovables), o tren ou outros medios de transporte axudan a reducir a contaminación.
Na medida do posible, procura ir andando nos traxectos curtos
Tamén cómpre lembrar que desprazarnos andando ou en bicicleta son estupendas formas de poder reducir o noso gasto enerxético e, polo tanto, a contaminación.
Regula a temperatura do teu fogar
Outra das medidas estrela para reducir a contaminación é usar de forma adecuada o aire acondicionado e a calefacción. Como xa che comentamos no noso blog, contamos cunha sección completa dedicada a estes consellos para coidar o medio ambiente. En concreto, sempre aconsellamos instalar un termóstato, contar cun bo illamento e ventilar diariamente para xerar a renovación do aire interior. Se nos centramos no uso da calefacción, poñer a temperatura adecuada axudaranos a aforrar. Dende Nedgia aconsellamos sempre:
- Manter a temperatura da casa para que cando se acenda consumamos menos enerxía, sempre é mellor aumentar un grao a calefacción que poñela en marcha dende 0.
- Zonifica a calefacción: A zonificación das instalacións de calefacción é unha técnica de control pola cal se regula a climatización dun cuarto, independentemente do resto dos cuartos da mesma edificación.
- Reduce a temperatura pola noite: Ao durmir abrigados e contar co efecto da calor residual que xeramos durante o día, pola noite poderemos baixar a temperatura da calefacción sen perder confort.
Esperamos que todos estes consellos che sirvan para coñecer como reducir a contaminación. En Nedgia, como xa sabes, traballamos de forma incansable para reducir a contaminación, tanto dende dentro, adoptando gran parte das medidas que xa comentamos, como participando activamente no desenvolvemento de novos combustibles, como o biometano ou o hidróxeno. Se queres coñecer máis acerca de todas as medidas que estamos a levar a cabo, invitámosche a consultar a nosa sección web sobre gas renovable e economía circular.


