Que é o impacto ambiental e como se avalía para reducilo


O impacto ambiental son todos aqueles cambios que se producen no medio ambiente por mor da actividade humana.

Que é o impacto ambiental?: Definición

O impacto ambiental, tamén denominado impacto antrópico ou impacto antropoxénico, abrangue unha multitude de variables que desembocan en cambios para o medio ambiente e o modo de vida das persoas que viven nunha determinada contorna. Estas variables inclúen a deforestación, os derramos industriais, a contaminación do aire, a contaminación das augas, a contaminación acústica ou os efectos da industria química. Ademais de todas aquelas accións que realizamos no noso día a día con respecto ao consumo de enerxía ou os residuos. Todo isto implica a destrución de determinados hábitats e contornas naturais, que inflúe na desaparición de terminadas especies e erosiona o clima.

Que é a avaliación de impacto ambiental?

A avaliación de impacto ambiental son todos aqueles estudos e analíticas realizadas para poder estimar os efectos ambientais dun determinado proxecto. É a forma máis correcta de poder manter os recursos medioambientais e promover a defensa das especies naturais.

Ao introducirmos esta medida avaliativa, téñense en conta variables medioambientais para poder adoptar decisións que sexan acordes co medio ambiente e que non danen a natureza. Isto contribúe a outorgar unha maior fiabilidade e credibilidade á hora de decidir as medidas que deben adoptarse, xa que poderemos elixir, de entre todas as alternativas posibles, as que menos impacto provoquen no medio ambiente.

Esta avaliación inclúe determinados procesos administrativos dentro de cada un dos proxectos, co fin de poder validalos e efectuar unha correcta avaliación do impacto ambiental.

O estudo de impacto ambiental presentarase a través dun documento técnico que recollerá as medidas previstas para compensar os impactos derivados do proxecto. Así mesmo, incluirá o programa de vixilancia ambiental correspondente a todas as fases do proxecto: execución, funcionamento e desmantelamento. O documento tamén detallará a viabilidade do proxecto, as repercusións sobre os distintos hábitats e unha valoración exhaustiva dos posibles efectos e impactos que se puidesen xerar sobre estes.

Que podemos facer para reducir o noso impacto ambiental?

Á parte das medidas que xa vimos para reducir o impacto ambiental, como a avaliación do impacto ambiental, existen outras medidas que podemos adoptar como particulares que poden axudar a reducir o impacto ambiental: 

  • Aforrar luz e electricidade: aquí as medidas máis recomendadas son eliminar o consumo en standby, utilizar focos led e distribuír o consumo de aire acondicionado en períodos de tempo concretos. 
  • Aforrar no consumo de auga. 
  • Usar na medida do posible enerxías renovables.
  • Adoptar medidas de reciclaxe: reutilizar determinados produtos antes de desbotalos, separar o lixo en función da composición e reciclalo ou doar determinados produtos que poidan utilizar outras persoas.

Que facemos dende Nedgia para reducilo?

Dende Nedgia fomentamos a iniciativa de incorporar novos biocombustibles, como o biometano, que ten as mesmas propiedades có gas natural e se pode intercambiar totalmente polo gas natural que chega con asiduidade aos nosos fogares e empresas. Deste xeito, pode distribuírse a través da infraestrutura de gas natural existente en todo o país para empregarse nas mesmas aplicacións enerxéticas en fogares, industrias, comercios e, tamén, na mobilidade. Un gas máis sostible, respectuoso co medio ambiente e que se produce de maneira local, xerando sinerxías coa agricultura, a gandaría e a industria agroalimentaria. Deste xeito, apoiamos o desenvolvemento rural, promovemos a creación de emprego local e melloramos a xestión medioambiental dos seus residuos. Ademais, ao ser unha enerxía producida a nivel local, substitúe a que se importa, reducindo a dependencia enerxética do exterior. De feito, España ten o terceiro maior potencial de produción de biometano en Europa, o que posibilita xerar unha enorme riqueza para o conxunto do país e para aqueles territorios que concentran un maior volume de residuos. En 2025 xa temos en funcionamento 13 plantas de biometano inxectado en redes de Nedgia en todo o territorio nacional, cunha capacidade de inxección de 371 GWh/ano, equivalente ao consumo de 74.000 vivendas. E, hoxe en día, contamos con 76 proxectos adicionais con contratos asinados en diferentes fases de execución para construír as infraestruturas necesarias para inxectar máis biometano. Así acadaremos unha capacidade de inxección total de 4.973 GWh/ano, equivalente ao consumo de 995.000 vivendas. Ademais, estamos a contribuír cos obxectivos de desenvolvemento sostible grazas a:

  • As 13 plantas mencionadas para xerar biometano en funcionamento, que producen 371 GWh por ano. 
  • A obtención da cualificación Gold Standard da OGMP 2.0, que é a iniciativa do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente para a mitigación das emisións de petróleo e gas.
  • A adxudicación do 95 % das nosas compras a provedores locais.

Se queres saber máis sobre todos os proxectos que temos en marcha e a nosa visión, convidámoste a que visites a nosa sala de prensa.

Compartir