Lanzamos o noso e-commerce para a contratación online da subministración de gas natural

Lanzamos o noso e-commerce para a contratación online da subministración de gas natural

A través da nosa web, os usuarios poderán solicitar a instalación e a subministración de gas natural a través dun sinxelo formulario que os irá guiando durante todo o proceso.

Seguimos ofrecendo máis facilidades aos usuarios para a contratación da subministración de gas natural mediante a activación na nosa web da solicitude da instalación e a subministración de gas natural.

Con só uns poucos pasos, o cliente poderá solicitar online a subministración de gas natural a través dun sinxelo formulario que o irá guiando durante todo o proceso. Tras introducir o enderezo e o código postal, a experiencia irase axustando á situación personalizada de cada cliente para que poida realizar a solicitude de conexión, a instalación do gas natural e a posta en servizo.

Este novo e-commerce pon os clientes en contacto cunha extensa rede de instaladores e centraliza as súas ofertas para que o cliente escolla a opción que máis se axuste ás súas necesidades. Ademais, poderá xestionar a súa solicitude dixitalmente, evitando a descarga de documentación en papel e simplificando os procesos de sinatura e contratación.

Para a nosa responsable de Estratexia Comercial e Transformación, Elena Longarela, “con esta nova ferramenta evolucionamos no noso modelo de relación co cliente, no que lle damos máis protagonismo. Queremos simplificar as xestións que realizan connosco e facerlles a vida un pouco máis doada apostando pola atención omnicanle e unha experiencia 100% autoxestionada”.

Sobre Nedgia

Somos Nedgia, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, e a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde operamos a través das nosas diferentes compañías en once comunidades autónomas. Subministramos gas natural ao 70% dos consumidores, que supoñen máis de 5,4 millóns de puntos de subministración. O noso activo son os máis de 53.800 quilómetros de infraestruturas que operamos en 1.150 municipios de España, e que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e tamén a distribución de gas renovable e de hidróxeno no futuro. A innovación, proximidade e atención ao cliente forman parte da nosa razón de ser e caracterizan a nosa actividade.

Compartir