Narcís de Carreras, novo conselleiro delegado

Narcís de Carreras, novo conselleiro delegado

Narcís de Carreras (Barcelona, 1967) foi nomeado o noso novo conselleiro delegado. O novo CEO conta cunha traxectoria de preto de 15 anos no grupo Naturgy e, dende 2016, foi country manager do grupo en México, un dos principais mercados latinoamericanos da compañía.

O nomeamento enmárcase na nova organización directiva aprobada dentro do grupo Naturgy e anunciada a finais do pasado mes de xullo. Narcís de Carreras substitúe a Nuria Rodríguez, quen liderou a compañía dende xaneiro de 2018, cando se creou a nova marca da distribuidora de gas natural, tras a venda do 20% da actividade de distribución de gas do grupo Naturgy a Allianz e CPPIB.

Narcís de Carreras é graduado en Ciencias Empresariais e ten un MBA pola Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas (ESADE).

Traballou no sector da enerxía dende o inicio da súa carreira profesional e desempeñou cargos de responsabilidade en diferentes compañías internacionais do sector da banca, a industria, a consultoría e a enxeñaría, que o levaron a residir varios anos fóra de España.

En Naturgy (daquela Gas Natural), Narcís empezou a súa traxectoria en 2006, onde ocupou diferentes posicións ata que, en 2013, se trasladou a México para exercer, inicialmente, como director comercial para América latina e, posteriormente, a finais do 2015, foi nomeado country manager de Naturgy neste país, ata o pasado mes de xullo, que foi nomeado CEO de NEDGIA.

Sobre NEDGIA

Somos NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Naturgy e a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde operamos a través das nosas diferentes compañías en once comunidades autónomas. Subministramos gas natural ao 70% dos consumidores, que supoñen máis de 5,4 millóns de puntos de subministración. O noso activo son os máis de 53.800 quilómetros de infraestruturas que operamos en 1.150 municipios de España, e que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e tamén a distribución de gas renovable e de hidróxeno no futuro. A innovación, a proximidade e a atención ao cliente forman parte da nosa razón de ser e caracterizan a nosa actividade.

Compartir