NEDGIA amplía a vixencia da súa actual oferta pública para empresas instaladoras ata xuño de 2019

GAS NATURAL FENOSA lanza NEDGIA, a nova marca para o seu negocio de distribución de gas en España

O obxectivo é simplificar os procesos adhesión e informar das condicións económicas con antelación para que as empresas colaboradoras poidan planificar a súa acción comercial a longo prazo.

NEDGIA cambia a dinámica da súa oferta pública para as empresas instaladoras e amplía a vixencia da campaña deste ano ata o 30 de xuño de 2019.

Cada mes de xaneiro, a compañía lanza unha oferta pública na que se establecen as oportunidades e condicións para traballar con NEDGIA, e á que as empresas instaladoras se poden adherir en calquera momento do ano. Nesta oferta, que é transparente e igualitaria para todas as empresas, defínense as bonificacións ás que se pode acceder con cada novo punto de subministración que se achegue á empresa distribuidora.

 

Simplificación de procesos e estabilidade

Con este cambio de dinámica, a compañía busca reducir as xestións e simplificar os procesos que as empresas colaboradoras teñen que facer a principios de ano para que poidan aproveitar ao máximo os meses de inverno, que é a etapa máis produtiva para a captación de novos puntos de subministración.

NEDGIA, que mantén unha aposta decidida pola expansión do gas natural, é consciente do enorme potencial de crecemento que ten o negocio das novas instalacións de gas natural para as súas empresas colaboradoras. Por iso, a compañía quere achegar unha maior estabilidade e reforzar a relación de confianza que ten cos instaladores e darlles unha maior seguridade para planificar as súas accións comerciais a longo prazo.

As condicións das ofertas e retribucións de 2018 manteranse ata o primeiro semestre de 2019. As empresas que asinasen a oferta pública deste ano non terán que facer ningunha xestión, xa que se renovarán automaticamente, e no verán de 2019 lanzarase unha nova oferta pública que xa non será necesario renovar cada ano. E as novas empresas que queiran adherirse á oferta pública de NEDGIA xa contarán cun período de vixencia ata finais de xuño de 2019.

A adhesión á oferta pódese facer na web de NEDGIA (www.nedgia.es/guiadeadhesion) ou a través da Canle Acerca, a plataforma de apoio ás empresas colaboradoras (900 500 405 ou canalacerca@nedgia.es).

 

Sobre NEDGIA

NEDGIA, filial distribuidora do Grupo Naturgy, é líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera a través das súas diferentes compañías en once comunidades autónomas. A empresa supera os 5,3 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 52.400 quilómetros de redes en case 1.200 municipios españois.

 

Madrid, 2 de outubro de 2018

 

Descargar en PDF

Compartir