NEDGIA, novo socio de European Renewable Gas Registry (ERGaR), a principal asociación empresarial de gas renovable de Europa

NEDGIA, novo socio de European Renewable Gas Registry (ERGaR), a principal asociación empresarial de gas renovable de Europa

A compañía avanza na súa firme aposta polo gas renovable como solución para contribuír á descarbonización da economía.
NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Naturgy ingresou como socia de European Renewable Gas Registry (ERGaR), a organización que reúne aos principais axentes de interese do gas renovable de Europa e que ten como obxectivo desenvolver o mercado europeo de gases renovables.  

Como parte integrante de ERGaR, NEDGIA avanza na súa firme aposta polo gas renovable como solución para contribuír á descarbonización da economía. A compañía colabora no desenvolvemento de proxectos de demostración e innovación nos procesos de produción e redución de custos, e participa nos principais grupos de traballo de interese con outras empresas do sector e coas administracións públicas para compartir experiencias e aliñar as visións que os distintos axentes teñen do desenvolvemento do gas renovable. 

 

Enerxía verde 

O gas renovable é unha enerxía verde con balance nulo de emisións de CO2 que é totalmente intercambiable polo gas natural, polo que pode distribuírse a través dos máis de 87.0000 quilómetros da infraestrutura gasista existente e empregarse coas mesmas aplicacións enerxéticas en fogares, industrias, comercios e tamén para mobilidade no transporte. 

O desenvolvemento do gas renovable contribuirá ao cumprimento dalgúns dos obxectivos de enerxía e clima da Unión Europea, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e aumentando o uso das enerxías renovables. Ademais, é o maior impulsor enerxético da economía circular: ofrece unha solución ao problema da xestión de residuos orgánicos mediante a valorización dos recursos (produción de enerxía renovable e de bioprodutos, principalmente biofertilizantes) e impulsa o desenvolvemento de zonas rurais mediante a creación de emprego e a dinamización da actividade económica. 

 

Rexistro europeo de gas renovable 

ERGaR é a organización que reúne os principais axentes de interese no sector europeo do gas renovable e ten como obxectivo desenvolver o mercado europeo de gases renovables.  

Formada por máis dunha vintena de membros (soamente hai dúas empresas de España), ERGaR aspira a converterse na organización recoñecida en toda Europa para administrar e balancear os volumes de gas renovable distribuídos virtualmente ao longo da rede europea de gas natural. 

 

Sobre NEDGIA 

NEDGIA é a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera a través das súas diferentes compañías en once comunidades autónomas. A empresa subministra gas natural ao 70 % dos consumidores en España: supera os 5,4 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 52.400 quilómetros de redes en case 1.150 municipios españois.  

Compartir