NEDGIA recorda que a prohibición de comercializar “porta a porta” non afecta á actividade de distribución de gas

A compañía distribuidora de gas natural do Grupo Naturgy continúa visitando os fogares dos potenciais usuarios que aínda non dispoñen de gas natural para ofrecerlles un asesoramento personalizado e recomendar a súa instalación.

Madrid, 19 de novembro de 2018.– NEDGIA, distribuidora de gas natural do Grupo Naturgy, recorda que o Real Decreto-Lei, do 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores, non prohibe a acción comercial que veñen realizando as empresas distribuidoras de gas na casa dos potenciais clientes que aínda non dispoñen de gas natural na súa vivenda.

O Real Decreto- Lei prohibe aos comercializadores de gas natural e electricidade a actividade comercial a través de visitas domiciliarias non solicitadas polos clientes para a contratación da subministración de electricidade ou de gas natural, pero non fai referencia á actividade de distribución de gas.

Esta distinción débese a que a actividade das compañías distribuidoras de gas é diferente á que realizan as comercializadoras. As compañías distribuidoras encárganse de xestionar a rede de distribución e de conectar novas vivendas para que poidan consumir esta enerxía, como é o caso de NEDGIA, polo que a instalación do usuario sempre estará conectado á mesma compañía distribuidora.

Non obstante, as comercializadoras encárganse de comercializar a enerxía e son as que realizan ofertas de contrato da subministración de gas natural e facturan o consumo aos clientes finais, competindo entre elas.

NEDGIA, como empresa distribuidora, desenvolve unha importante actividade que inclúe “o porta a porta” co obxectivo de promover o uso do gas natural como enerxía para o fogar naqueles predios e vivendas, de todo o territorio nacional, que aínda non contan con este servizo.

Esta actividade dentro das vivendas é básica, xa que os potenciais usuarios reciben un asesoramento personalizado sobre a posibilidade de dispoñer de gas natural, así como sobre a instalación necesaria na súa vivenda ou os consellos para manter a instalación en perfecto estado.

 

Sobre NEDGIA

NEDGIA é líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera a través das súas diferentes compañías en once comunidades autónomas. A empresa supera os 5,4 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 52.400 quilómetros de redes en 1.200 municipios españois.

 

Descargar en PDF

Compartir