O pasado 23 de abril, o Congreso dos Deputados foi o escenario dunha xornada organizada por Sedigas, a Asociación Española do Gas, na que se analizou o papel que o gas e as súas infraestruturas desempeñan no presente e futuro do sistema enerxético. Un encontro que salientou a importancia de contar con redes de gas sólidas e preparadas para garantir a subministración, reforzar a seguridade enerxética e apoiar a actividade industrial do país.
A xornada reuniu representantes institucionais, reguladores e profesionais do sector nun momento clave, marcado pola definición do novo marco regulatorio para o período 2027-2032 e polo avance cara a un modelo enerxético cada vez máis sostible e equilibrado.
Neste contexto, Nedgia participou activamente a través de Alberto González Santos, director de Servizos Xurídicos e Regulación, quen interveu nunha mesa redonda xunto a representantes de Enagás e Bahía de Bizkaia Gas, moderada por Sedigas. Durante o debate, abordáronse temas de especial relevancia para os clientes de gas natural, como a contribución das infraestruturas gasistas á estabilidade do sistema enerxético e a súa capacidade para incorporar gases renovables, como o biometano ou, no futuro, o hidróxeno.
Durante a súa intervención, Alberto González Santos destacou que as redes de distribución de gas xa están preparadas para afrontar os retos enerxéticos actuais e futuros. “En Nedgia xa estamos a traballar nas redes do futuro: redes máis dixitais, flexibles e capilares, capaces de garantir a subministración e de avanzar na descarbonización”, sinalou.
Tamén subliñou a importancia de contar cun marco regulatorio axeitado que permita seguir investindo e desenvolvendo as infraestruturas. Neste sentido, lembrou que o verdadeiro obxectivo é claro: avanzar nunha descarbonización eficiente de fogares, comercios e industrias, sen renunciar á seguridade de subministración. Dende Nedgia estase analizando a proposta de retribución prevista para os próximos anos, que se valora de forma positiva na súa formulación xeral. Con todo, considérase que se precisará dotala dos recursos suficientes para afrontar con garantías os desafíos actuais e futuros.
A xornada serviu para destacar a necesidade dunha contorna regulatoria estable e predicible que permita seguir desenvolvendo infraestruturas enerxéticas resilientes, capaces de integrar novas solucións e acompañar clientes e empresas no proceso de transición enerxética.
Coa súa participación neste tipo de foros, Nedgia reafirma o seu compromiso cun sistema enerxético seguro, eficiente e sostible, no que as redes de gas seguen sendo unha peza clave para ofrecer solucións reais, accesibles e preparadas para o futuro, ao servizo das persoas e da sociedade.


