Non, os aparellos de gas funcionan de igual forma que co gas natural, sen necesidade de facer ningunha adaptación.
Isto permítenos que, en calquera sitio onde o gas natural estea presente, sexa posible o uso do biometano. E isto é beneficioso para todos porque podemos aproveitar as infraestruturas xa creadas, tanto a rede de gas xa existente, como os equipos dos consumidores finais.
Os clientes non terán que facer desembolsos adicionais e poderán seguir utilizando as mesmas caldeiras que ata agora.
En definitiva, tanto os fogares como as industrias de calor-intensivas poderán descarbonizarse sen facer ningún tipo de investimento e a transición de gas natural a gas renovable/biometano será transparente para o consumidor final.