Que é o biogás e cales son as súas características principais

Descubre que é o biogás, as súas 4 etapas de obtención, vantaxes e desvantaxes. Coñece como Nedgia lidera en España transformándoo en biometano para o teu fogar.

Resumo rápido

  1. O biogás é un gas renovable que se obtén pola descomposición anaerobia de materia orgánica.
  2. Vantaxe clave: impulsa a economía circular e fomenta a independencia enerxética.
  3. O papel de Nedgia: realizamos o proceso de purificación deste gas (biogás) para inxectalo posteriormente na rede, así chega aos fogares en condicións óptimas de aproveitamento para ser utilizado como auga quente ou calefacción.

Que é o biogás e as súas principais características

O biogás é un tipo de gas renovable que se obtén grazas a un proceso denominado “dixestión anaerobia” dos materiais orgánicos cualificados como biodegradables: residuos orgánicos de orixe doméstica, industrial, agrícola, lodos de depuradoras e esterco procedente de explotacións gandeiras.

A materia que se utiliza para crear biogás son os refugallos da agricultura, como o esterco e outro tipo de desproveitos que proceden de infraestruturas municipais, como a auga ou o lixo.  

Do biogás ao biometano: a vantaxe do “upgrading” ou purificación

O biogás está composto por metano (CH4) nunha proporción que vai do 40 % ao 70 % e por dióxido de carbono (CO2) nunha proporción entre un 60 % e un 30 %. Ademais, podemos atoparnos con outros compoñentes, como o hidróxeno (H2), o nitróxeno (N2), o osíxeno (O2) e o sulfuro de hidróxeno (H2S). Cando o biogás pasa posteriormente por unha purificación ou “upgrading” e se converte en biometano ou gas verde, pode inxectarse nas redes que xa distribúen gas natural para que o consumidor o poida utilizar, xa que ofrece as mesmas prestacións ca o gas natural. Cando transformamos o biogás en biometano, a porcentaxe de metano presente na fórmula é de máis do 90 %.

Como se crea e obtén o biogás

O biogás conséguese grazas a procesos de descomposición biolóxica en ausencia de osíxeno (anaerobios). Desta forma, a materia que incorporamos en relación cun tipo determinado de bacterias son as que permiten xerar biogás. Este proceso pode realizarse nos propios vertedoiros ou nos “dixestores anaerobios”. Estes “dixestores” son grandes plantas que permiten xerar biogás dunha maneira máis rápida respecto da que conseguiriamos se o proceso se fixese de forma natural. Adoitan ter forma de cúpula e neles deposítase a materia orgánica durante un determinado tempo e temperatura, o que permite xerar unha maior cantidade de metano.O biogás que se xera debe refinarse para poder inxectarse nas redes de gas

Un dos aspectos clave para xerar biogás é a mestura de materia prima ou residuos orgánicos, xa que, dependendo do produto entrante, obterase un biogás cunhas características determinadas.

Outro dos aspectos clave é o deseño da planta de dixestión. Dependendo da dieta, será conveniente facer un deseño específico da planta, os residuos deberán facer a dixestión durante un determinado número de días (o que afecta ao tamaño dos biodixestores) e a unha temperatura determinada. O deseño marcará a eficiencia na produción de biogás e a rendibilidade do proxecto.

O proceso biolóxico divídese en 4 fases:

  • Hidrólise: As moléculas orgánicas complexas (carbohidratos, graxas e proteínas) descompóñense en compostos máis simples. 
  • Acidoxénese: Os compostos simples transfórmanse en ácidos graxos volátiles, alcohois, CO2 e H2 
  • Acetoxénese: Os produtos da etapa anterior convértense en acetato, H2 e CO2 
  • Metanoxénese: Microorganismos metanoxénicos converten o acetato, H2 e CO2 en biogás, composto principalmente por metano (60 %) e dióxido de carbono.

Vantaxes e desvantaxes do biogás

O biogás conta con múltiples vantaxes porque dende o primeiro momento utilizamos como materia prima aquela que estaba prevista a refugallo.

Entre as vantaxes máis importantes, salientamos as seguintes:

  • A posibilidade de ser independentes enerxeticamente, ao contar con múltiples recursos no noso propio país que permiten substituír outras fontes de enerxía que actualmente temos que importar.
  • A posibilidade de diversificar a actividade económica de moitas empresas que se dedican a outros sectores, como a gandaría ou os residuos, en empresas que poden obter grandes beneficios coa comercialización do biogás resultante ou utilizándoo directamente para explotalo de xeito interno.
  • Redución dos gases de efecto invernadoiro ao utilizar unha das fontes de CO2 máis contaminantes, como son os residuos gandeiros, en concreto, o esterco vacún.
  • Transformación da imaxe do sector gandeiro, o que permite aumentar a rendibilidade de negocios que se atopan estancados transformándoos nunha profesión moderna e respectable co medio ambiente.
  • O dixestato, que é a materia que queda despois de todo o proceso de biometanización, pode usarse como fertilizante.
  • Respecto dos usuarios de Nedgia, ao contrario do que sucede con outras empresas do sector enerxético, Nedgia xa conta cunha infraestrutura centralizada e entrega o gas depurado directamente a través da súa rede. É dicir, é só un cambio, imperceptible para o usuario final, no gas que se entrega, que pasa de ser comprado a terceiros países a ser producido pola propia empresa.

Entre as desvantaxes, podemos salientar as seguintes:

  • A xeración individual de biogás implica investir en biodixestores e en sistemas de purificación ou upgrading.
  • O almacenamento e o tratamento de grandes volumes de materia orgánica pode chegar a xerar cheiros, porén, pódense eliminar doadamente mediante sistemas de control automatizados.
  • Os procesos implicados poden supoñer a emisión de determinados gases contaminantes, cuxa supervisión é clave para protexer a saúde e a contorna.
  • A actividade das instalacións de biometanización tamén supón un incremento do tráfico de camións de gran tonelaxe, o que pode afectar ao tráfico nas zonas nas que se sitúan, por iso, cómpre pensar na súa instalación, pero tamén na planificación loxística.
  • As grandes dimensións dalgunhas plantas requiren contar cunha xestión ambiental rigorosa para previr posibles impactos sobre solos e acuíferos. Convén prestar atención ao consumo de auga asociado a estes tratamentos, polo que é fundamental integrar estas instalacións nunha planificación sostible do seu uso.

O potencial en España: Nedgia lidera a inxección de biometano

España conta cun potencial moi alto de produción de biogás e, por tanto, de distribución de biometano. Segundo SEDIGAS, a Asociación Española do Gas, España conta cun potencial total accesible de 163 TWh/ano de biometano, o que implica construír unhas 2.300 plantas distribuídas por todo o territorio nacional. En termos económicos, estímase un investimento total de 40.495 millóns de euros, que representa un 3,61 % do PIB nacional, e xerarían uns 62.000 empregos directos e indirectos asociados á súa operación e mantemento. Mentres que outras compañías enerxéticas teñen proxectos de biogás en fase de estudo, Nedgia xa está traballando en liña coa “Folla de ruta para o biogás”, marcada polo IDAE para o 2030, que pretende multiplicar case por 4 a produción de biogás. En Nedgia contamos con 14 plantas que xa están inxectando biogás á rede gasista, a cal podes consultar no noso portal de sostibilidade.

Preguntas frecuentes sobre o biogás

  1. Para que serve o biogás?
    Para xerar calor, electricidade ou para inxectalo á rede gasista.
  2. Que residuos se usan para producir biogás?
    Para xerar biogás utilízanse todo tipo de residuos, dende o esterco, os lodos de plantas depuradoras, os residuos agroindustriais e os residuos orgánicos urbanos.

Compartir