Cristina Río, directora de Operacións Centralizadas e Atención a Terceiros de Nedgia, participou nunha mesa redonda organizada por Abai para analizar os retos e oportunidades aos que se enfrontan as empresas en ámbitos como a accesibilidade, a dixitalización e a calidade do servizo ao cliente.
A atención ao cliente está a vivir unha importante transformación impulsada por novos estándares de calidade, transparencia e eficiencia. Neste contexto, Cristina Río, directora de Operacións Centralizadas e Atención a Terceiros de Nedgia, participou nunha mesa redonda organizada por Abai. Durante o evento, reflexionou, xunto a outros expertos do sector, sobre os principais desafíos e oportunidades que afrontan as organizacións na xestión da experiencia de cliente.
Durante o encontro, abordáronse cuestións clave como os tempos de resolución das solicitudes, a rastrexabilidade das xestións, a accesibilidade das canles de atención e o equilibrio entre a dixitalización e a atención personalizada.
Unha atención máis eficiente e transparente
Durante a súa intervención, Cristina Río salientou a importancia de avanzar cara a modelos de atención cada vez máis áxiles, resolutivos e transparentes, capaces de ofrecer ao cliente información clara e un seguimento completo das súas xestións.
Este enfoque require unha coordinación eficaz entre equipos, especialistas, sistemas e colaboradores, co obxectivo de axilizar os procesos e garantir unha experiencia satisfactoria en cada interacción.
«O novo estándar non é só cumprir, senón poder demostrar que se cumpre».
A capacidade de ofrecer respostas rápidas, rastrexables e de calidade converteuse nun elemento fundamental para reforzar a confianza dos clientes e mellorar a súa experiencia.
Accesibilidade e inclusión como prioridades
Outro dos aspectos destacados do debate foi a necesidade de seguir avanzando cara a unha atención máis accesible e inclusiva para todas as persoas.
Cristina Río puxo o foco na importancia de incorporar a accesibilidade dende o deseño dos propios procesos e canles de relación, para garantir que os servizos sexan doados de utilizar e respondan ás diferentes necesidades dos clientes.
Esta evolución implica adaptar os modelos de atención e continuar impulsando a formación dos equipos para ofrecer unha resposta adecuada a cada situación.
A tecnoloxía ao servizo das persoas
A dixitalización e a intelixencia artificial tamén ocuparon un lugar destacado durante a xornada. Neste ámbito, Cristina sinalou que a tecnoloxía debe axudar a simplificar as xestións e mellorar a experiencia de cliente, sempre mantendo o equilibrio coa atención humana.
«A IA debe ser unha ponte cara á solución, nunca unha barreira para o cliente».
A combinación de automatización, intelixencia artificial e atención personalizada permite axilizar procesos, reducir o esforzo dos clientes e facilitar unha resolución máis rápida das súas consultas. Deste xeito, garántese asemade que poidan acceder a atención humana cando o precisen.
Comprometidos coa mellora continua
A participación de Nedgia neste tipo de encontros permite compartir coñecemento e experiencias sobre a evolución dos modelos de atención ao cliente. Alén diso, tamén contribúe ao desenvolvemento de servizos cada vez máis accesibles, transparentes e orientados ás necesidades das persoas.
Con iniciativas coma esta, Nedgia reafirma o seu compromiso coa mellora continua da experiencia de cliente, impulsando unha atención próxima, eficiente e adaptada aos novos retos do sector.


