Definición de enerxía verde

A enerxía verde é a alternativa ás fontes non renovables, que proceden de recursos non contaminantes, e que nun futuro se converterá na alternativa para as actuais fontes de enerxía. Abrangue múltiples tipos de enerxía, pero a súa característica principal é que é ilimitada.

Que é a enerxía verde?

A enerxía verde é unha forma diferente de denominar as enerxías renovables. É unha evolución deste concepto e defínense por seren enerxías limpas, que non xeran alteracións nin contaminación ao medio ambiente e que, en xeral, proceden de recursos inesgotables para ser consumidos polo ser humano. Caracterízanse, ademais, por non usar combustibles tradicionais, que tenden a emanar máis CO2 á atmosfera.

Vantaxes da enerxía verde

A principal vantaxe da enerxía verde é que non emite CO2 ao medio ambiente. Polo tanto, favorece o respecto polo medio ambiente e contribúe á descarbonización dos países.

Outra das vantaxes é que este tipo de enerxías son inesgotables, ao proceder de recursos ilimitados que podemos atopar no medio ambiente e que poden producirse de xeito permanente.

O custo é outra das características que xoga ao seu favor: ao provir de recursos naturais, non están sometidas, á hora de compralas, a factores como o prezo en orixe, a escaseza ou á preponderancia de determinados países na súa subministración. Neste sentido, podemos dicir que elixir a enerxía verde é apostar tamén pola independencia á hora de escoller a fonte de enerxía máis adecuada para un país. No caso de España, o Sol sería o mellor exemplo de independencia enerxética, ao poder recoller a súa enerxía no mesmo país e contar con infraestruturas propias. No aspecto dos custos, cómpre sinalar que, en moitas enerxías verdes, os custos de transporte e almacenaxe se reducen de forma considerable. Neste sentido, as iniciativas que se están tomando para optar polo gas renovable como fonte de enerxía tamén se están adoptando a ámbito local, aproveitando todos os recursos que temos como país.

Ademais, teñen vantaxes para a saúde, xa que desprenden emisións máis limpas e reducen o impacto na capa de ozono, ao xerar menos CO2.

Das súas outras vantaxes, cómpre salientar que a enerxía verde é unha grande impulsora do emprego local, xa que se atopa nun proceso de desenvolvemento moi elevado, ao xerar moitos postos de emprego e crear empresas auxiliares, de consultoría enerxética ou de enxeñería para o desenvolvemento eficaz dos proxectos.

Tipos de enerxía verde. Exemplos.

Os tipos de enerxía verde pódense clasificar en dous tipos: de xeración eléctrica ou de aproveitamento térmico. Entre aquelas que son de xeración eléctrica atopamos a eólica, a minieólica, a hidroeléctrica e a solar, ás que xa dedicamos diferentes artigos no noso blog e que poderás atopar na nosa categoría medio ambiente.

No artigo de hoxe aproveitaremos para repasar aquelas que son menos coñecidas e se atopan en pleno desenvolvemento actualmente:

Enerxía mareomotriz

A enerxía mareomotriz, aínda que se vén utilizando dende hai anos, está experimentando un gran desenvolvemento en España. Ao estarmos rodeados de mar, é un recurso do que dispoñemos ilimitadamente e isto leva a que cada vez se sumen máis proxectos, en moitos casos potenciados polas administracións públicas e financiados por estas. Ademais da enerxía mareomotriz, existe tamén a enerxía undimotriz, semellante á mareomotriz, pero cun funcionamento distinto, xa que aproveita a forza das ondas no canto das mareas. A enerxía mareomotriz, pola contra, aproveita as mareas para poder xerar electricidade. As centrais mareomotrices son as protagonistas deste tipo de enerxía. A enerxía mareomotriz precisa das centrais mareomotrices para poder xerarse. O sistema que utilizan é aproveitar a enerxía cinética creada por mareas ou correntes oceánicas. As centrais mareomotrices aproveitan os fluxos que xera a corrente do mar para poder activar os sistemas de turbinas, que, conectadas a xeradores eléctricos, transforman a enerxía procedente das mareas e as correntes mariñas ao seu favor para crear electricidade.

Biocarburantes

Moito se fala dos biocarburantes como a enerxía do futuro. Os máis coñecidos son o biodiésel, o bioetanol e o biogás, do que falaremos posteriormente.

Os biocarburantes ou biocombustibles son unha enerxía verde que provén da biomasa, unha materia de orixe orgánica (animal ou vexetal) que nos permite obter enerxía. Os biocarburantes poden ser sólidos, gasosos ou líquidos e transfórmanse para substituír os combustibles tradicionais como fonte de enerxía nos vehículos e outros medios de transporte.

Entre os máis coñecidos atopamos o biodiésel, que pode utilizarse puro ou mesturado co diésel procedente do petróleo para usalo en motores de ciclo diésel. A súa xeración faise a partir de aceites e graxas vexetais: é moi semellante ao aceite, altérase simplemente por unha reacción química sinxela que busca a perda de viscosidade. Para producilo, utilízanse aceites baratos, como a palma, a soia ou a colza.

Ao igual có biodiésel, estanse a desenvolver múltiples biocombustibles, xerados sempre a partir da biomasa; ademais, agora dispoñemos de múltiples biocombustibles que non se poden comercializar porque non contan coa demanda suficiente.

Biogás

O biogás créase a partir de residuos e, tras un proceso de depuración, convértese en biometano ou gas verde, que pode utilizarse da mesma forma que o gas natural. Isto fomenta a economía circular, xa que se xestionan de forma óptima os residuos e se produce unha enerxía sen emisións de CO2. O biogás obtense a partir do tratamento do noso lixo, os residuos urbanos, a depuración das augas residuais das redes de sumidoiros e o os residuos agrícolas, gandeiros e os da industria agroalimentaria. O biometano, ou gas verde, conta coa vantaxe de poder inxectalo de forma sinxela nas redes de distribución de gas xa existentes que chegan aos consumidores finais (domésticos, industriais, empresas…). Os usos que pode abarcar son os mesmos que co gas natural: en sistemas de climatización, para usar nos quentadores e caldeiras, ou en solucións de aerotermia con gas. Se queres coñecer algunhas das plantas de biogás máis coñecidas, convidámoste a que consultes algún dos nosos proxectos.

En Nedgia estamos decididos a afrontar este cambio e estamos a redeseñar o xeito no que operamos e nos relacionamos coa nosa contorna. Para logralo, estamos incorporando novos biocombustibles, como o biometano ou gas verde, e lideramos o proceso de implementación desta tecnoloxía a través de múltiples acordos e así poder aproveitar todo o seu potencial: inxectando cada vez máis á rede gasística española un gas máis sostible, respectuoso co medio ambiente e que se produza a ámbito local. De feito, España ten o terceiro maior potencial de produción de biometano en Europa, o que posibilita xerar unha enorme riqueza para o conxunto do país e para aqueles territorios que concentran un maior volume de residuos. En 2025, os proxectos que estaban en servizo sumaban 371 GWh de capacidade de inxección. Se queres coñecer máis sobre todos os proxectos que temos en marcha e a nosa visión, convidámoste a que visites a nosa sala de prensa.

Compartir