Se cheiras a gas, sigue estas indicacións e chama o 900 750 750
Pecha a chave de paso do gas
Cortar a subministración é a primeira medida para evitar que a fuga continúe.
Non acciones ningún interruptor
Acender ou apagar luces ou aparellos eléctricos pode xerar unha faísca.
Abre as ventás
Ventilar o espazo axuda a disipar o gas e a diminuír a concentración no ambiente.
Asegúrate de que a cociña está apagada
Verifica que todos os queimadores e o forno estean completamente pechados para evitar que o gas siga saíndo.
Non acendas mistos nin uses acendedores
Evita calquera tipo de chama mentres percibas cheiro a gas.
Non fumes
Os cigarros tamén son unha fonte de calor, polo que se recomenda absterse de fumar ata que a situación se resolva.





