Canto tempo teño para corrixir a anomalía que detectastes durante a inspección periódica?
Durante a inspección, o noso técnico informoute e entregouche a documentación na que podes encontrar os devanditos prazos, que son 15 días hábiles para defectos principais e 6 meses para os secundarios ou leves. Acórdate de que o instalador nos envíe o xustificante de corrección de anomalías polas canles habilitadas.
Canto nos custará e como podo pagalo?
En calquera das dúas opcións, non teredes que pagar nada no momento da visita do técnico na túa vivenda. O importe da inspección farémolo chegar á empresa comercializadora que corresponda para que o inclúa na factura de gas de cada veciño. Nos arquivos adxuntos podedes dispoñer dos nosos prezos de inspección. Como podedes ver, o custo da inspección ten un prezo regulado e establéceo cada comunidade autónoma. Así pois, nalgunhas comunidades o importe repercútese entre todos os puntos de subministración en servizo conectados á instalación mentres que noutras é un custo fixo por vivenda. Se optades por unha empresa instaladora, o custo deberedes acordalo con ela.
Con quen pode a miña comunidade de veciños realizar a inspección periódica da instalación de gas da comunidade?
- Realizala con NEDGIA, a vosa empresa distribuidora de gas.
- Optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Nesta web poderedes consultar a listaxe de empresas instaladoras habilitadas:i.nedgia.es/instaladoresgas
A empresa que realice a inspección da instalación de gas encargarase de enviarnos o certificado co resultado desta a través da web.
Fanse ao mesmo tempo as inspeccións da instalación de gas da miña comunidade e da instalación individual da miña vivenda?
Estas inspeccións realízanse cada cinco anos pero non sempre se fan á vez. Desde NEDGIA informaremos por escrito a todos os veciños da comunidade conectados á rede cando sexa o momento de realizala.
Cando debe a miña comunidade de veciños realizar a inspección de gas da instalación común?
De acordo coa normativa vixente, a inspección da instalación das zonas comúns realízase cada 5 anos. Desde NEDGIA informaremos por escrito, mediante carta, a todos os veciños da comunidade conectados á rede, cando vencese o período e debedes realizala.
Que é a inspección da instalación receptora común?
É a revisión da instalación de gas da túa comunidade. Está composta polas chaves e canalizacións necesarias para levar o gas desde a acometida da compañía distribuidora ata as instalacións de gas de cada vivenda da túa comunidade.
Canto me custará e como podo pagala?
En calquera das dúas opcións, non terás que pagar nada no momento da visita do técnico na túa vivenda. O importe da inspección farémolo chegar á túa empresa comercializadora para que o inclúa na túa factura de gas. Nos arquivos adxuntos podes dispoñer dos nosos prezos de inspección. Como podes ver, o custo da inspección ten un prezo regulado e establéceo cada comunidade autónoma. Se optas por unha empresa instaladora, o custo deberás acordalo con ela.
Con quen podo realizar a inspección periódica da instalación de gas da miña vivenda?
- Realizala con Nedgia, a túa empresa distribuidora de gas.
- Optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Nesta web poderás consultar a listaxe de empresas instaladoras habilitadas:i.nedgia.es/instaladoresgas
A empresa que realice a inspección da instalación de gas encargarase de enviarnos o certificado co resultado desta a través da web.
Fanse ao mesmo tempo as inspeccións da instalación individual da miña vivenda e da instalación de gas da miña comunidade?
Estas inspeccións realízanse cada cinco anos pero non sempre se fan á vez. Desde NEDGIA informarémoste por escrito cando sexa o momento de realizala.
Cando debo realizar a inspección de gas da miña vivenda?
De acordo coa normativa vixente, a inspección da instalación das zonas comúns realízase cada 5 anos. Desde NEDGIA informarémoste por escrito, mediante carta, cando vencese o período e debas realizala.
Que é a inspección da instalación receptora individual?
É a revisión da instalación de gas da túa vivenda, así como dos aparellos que funcionan a gas dentro da mesma. O mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular desta ou do usuario da instalación. Realizarase a revisión dos seguintes aparellos que funcionan a gas:
- Caldeira
- Quentador
- Cociña
- Secadora
E se non vou poder estar o día indicado, que podo facer?
Podes poñerte en contacto co noso servizo de atención ao cliente chamando ao teléfono 900 100 252 para volver concertar a cita ou ben chamar ao teléfono do técnico que se indicará no cartel que se colgará no teu edificio, uns días antes da visita.